18.04.2013 Views

Unidade didáctica

Unidade didáctica

Unidade didáctica

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

É. O VERBO

Unidade didáctica 4

w Introdución

Planificación da unidade

Introdución

A presente unidade didáctica atende aos elementos básicos do currículo explicitados

no D.C.B. de Lingua e Literatura con especial vinculación aos bloques de contidos Funcionamento

da lingua e Educación literaria e sendo os destinatarios os alumnos de 3.º e 4.º curso de ESO.

A pesar de que a unidade está fundamentalmente conexionada cos bloques de contidos

Funcionamento da lingua e Educación literaria contémplanse tamén ao longo de toda ela

todos os demais bloques da área de Lingua e Literatura.

Metodoloxicamente e dentro dos principios de activa e participativa, optamos por

unha técnica mixta entre o método indutivo e o método por descubrimento con que pretendemos

priorizar a metodoloxía procedemental.

A unidade consta de cinco apartados: un inicial onde se indican os obxectivos e contidos;

outro de actividades, que conteñen o mapa conceptual, e que comezan pola visualización

do vídeo É. O verbo; un terceiro que contén as indicación de criterios e instrumentos de avaliación;

a seguir van indicados os materiais e recursos didácticos e finalmente unha breve bibliografía.

Como apéndice figura un soporte conceptual que segue a orde do guión do vídeo, pensado

para consultas puntuais, así como os paradigmas verbais. No soporte conceptual incluímos

breves desenvolvementos que non aparecen na súa totalidade no vídeo (indicación de todos os

morfemas modo-temporais e número-persoais) e que consideramos necesarios para contar cunha

relación completa. Tanto no guión do vídeo como no soporte conceptual faise un estudo sistemático

do verbo adecuado ao nivel do currículo a que vai dirixido, tocando todos os aspectos

fundamentais, salvo as formas perifrásticas. O uso dos morfemas número-persoais do Infinitivo

e o emprego do Futuro do Subxuntivo van exclusivamente tratados nas actividades da unidade

didáctica.

As actividades, como fica indicado, van reforzadas polo mapa conceptual que serve

de globalización dos contidos, e que debidamente ampliado, pode permanecer exposto na aula

mentres se desenvolve a unidade.

A visualización do vídeo É. O verbo, ten como fin introducir os alumnos e alumnas

nos contidos conceptuais e provocar o seu interese para o traballo posterior de aula. Con todo,

está estruturado de forma que nos permite unha visualización parcial antes de iniciar un determinado

grupo de actividades se isto se considerar necesario.

Voltar

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!