18.04.2013 Views

Unidade didáctica

Unidade didáctica

Unidade didáctica

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

É. O VERBO

Unidade didáctica 46

w Apéndice

A. Soporte conceptual

Concepto semántico do verbo

O verbo é o elemento fundamental e imprescindíbel na maioría dos enunciados. Non

só pode ser un elemento suficiente á hora de transmitir unha mensaxe, senón que tamén nos

pode permitir prescindir doutros elementos, como o propio suxeito, por virnos indicado polos seus

morfemas de número-persoa:

(Hoxe eu) comerei (chícharos e patacas novas)

A definición tradicional do verbo distingue entre aqueles que os lexemas indican accións,

estados e fenómenos, aínda que covén precisar que todos os verbos indican accións, tanto

se o seu suxeito é axente, paciente ou non teñen suxeito.

Eu canto (suxeito axente)

Eu adormecín (suxeito paciente)

Amañeceu ás seis (non suxeito)

Con todo, hai outras clases de palabras que poden indicar acción, fundamentalmente

os substantivos derivados de verbos. A diferenza de significado vén dada polo carácter dinámico

—narrativo— do verbo frente ao carácter estático —descritivo— do substantivo:

As palabras baixan polo edificio

A baixada foi en trinta e dous segundos

Así, mentres baixan indica a acción propiamente dita, baixada describe a idea de baixar.

Elementos constitutivos do verbo

Ao analizar formalmente un verbo vemos que o podemos segmentar en lexema, vogal

temática (VT), morfema modo-temporal (M-T) e morfema número-persoal (N-P).

reivindic a re mos

Lexema VT M-T N-P

Voltar

Apéndice

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!