29.04.2013 Views

CLUBE DE LECTORES - Biblos

CLUBE DE LECTORES - Biblos

CLUBE DE LECTORES - Biblos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O Clube

Carta aos lectores

De alegrías e

tristuras

Por moito que un queira estar ao

seu facéndoo o mellor posible no

eido no que decidiu botar unha man

á sociedade galega, hai momentos

nos que a mirada ten que ser a

da colectividade e expresar os

sentimentos que enchen os corazóns

de toda a xente de boa fe.

Así, o mesmo que cando naceu

Biblos o fixo lucindo nas súas

378.000 portadas o loito polo

desastre do Prestige, hoxe queremos

deixar constancia da fachenda

que sentimos por compartir país

cos mariñeiros que primeiro no

Mediterráneo e despois na costa

canaria rescataron do mar unha

pobre xente sen considerar as

dificultades que a sinrazón dos

intereses dos estados lles farían

pasar.

Pero tamén volvemos ao loito,

a outra mancha moura que nos

queimou o corazón neste caloroso

verán. E non só por todo o que xa

sabemos da destrución que causou

na natureza e na paisaxe, senón

polo que nos anticipa da enxurrada

de especulación desaforada que

trae detrás. Ogallá sexamos quen

de botarlle o valor dos nosos

mariñeiros para que a ilusión

derrote un inimigo que se antolla

poderoso e feroz.

Carmela González

Directora

Tucho Calvo

Director literario

Biblos Clube de Lectores

Quintá Nº 8 - Mandaio

15391 Cesuras - A Coruña

Teléfono: 981 777 207 Fax: 981 790 039

www.biblosclube.com

email: subscritores@biblosclube.com

A Portada

Depósito Legal: C-285-03

ISSN: 1697-7440

Xoán G. é o autor desta portada que vén sendo unha adaptación

da que leva o libro Software libre: tecnicamente viábel,

economicamente sostíbel e socialmente xusto de Jordi Mas.

Pretende representar o software de código aberto a través

da metáfora da anduriña. Unha delas ten inscrito o código

do arquivo informático da propia portada.

Alberto Manuel Ramos gaña

o 2º Premio Biblos-Pazos de

Galicia con «Dor pantasma»

A súa obra aborda o baleiro que deixa na

familia e nos amigos a desaparición dunha

moza da comarca viguesa

A desaparición dunha moza de Cangas

sen razóns coñecidas e o baleiro

que deixa na súa familia, nos amigos

e no conxunto da sociedade centran

o argumento de Dor pantasma, a novela

coa que Alberto Manuel Ramos

Ríos vén de gañar o 2.º Premio Biblos-

Pazos de Galicia que se deu a coñecer

o sábado 22 de xullo no decorrer dun

xantar literario que tivo lugar na Casa

Grande do Bachao. O gañador recibiu

unha escultura de Luís Loureira,

A peneira dos soños, e un ordenador

portátil, e verá publicada a súa obra na

colección Mandaio e nunha edición especial

en castelán dirixida aos clientes

de fóra dos establecementos asociados

de Pazos de Galicia.

O autor, un compostelán de vinte anos,

aborda un tema tan traxicamente actual

que resulta difícil atopar para el un

enfoque no que a ficción non renxa ao

lembrar os sucesos reais. Ese é o mérito

da obra, que penetra de forma moi

intelixente en tal argumento a través

dun narrador omnisciente en terceira

persoa que nos enfronta ao ritmo

lento da ausencia e da desesperación,

aos esforzos por racionalizar o acontecido,

á imposible recuperación da

normalidade anterior.

O xurado estivo formado por Darío

Xohán Cabana, Iria López, Xosé Ramón

Pena e Tucho Calvo.

Ao xantar na Casa Grande do Bachao

asistiron máis dun cento de escritores,

editores e representantes do mundo social

e cultural galego, que gozaron da

boa mesa e da música do grupo de vento-metal

Em-brass integrado por alumnos

do conservatorio da Coruña.

Cultura patrocinou o lanzamento

de 350.000 exemplares de Biblos

Difusión polo 25 de xullo

Gadis, Renfe, Autos Vázquez e varios concellos

colaboraron na distribución

O proxecto Biblos

Difusión

para popularizar

os escritores

galegos

e, ao mesmo

tempo,

fomentar a

lectura por

medio de

textos accesibles

e

de calidade lite-

raria acadou o 25 de xullo

unha nova marca coa

edición de 355.000 exemplares

do relato inédito

de Teresa Moure Presentimento.

A iniciativa contou

coa financiación da

Dirección Xeral de Creación

e Difusión Cultural

da Consellería de Cultura

e Deporte para editar

350.000 dos exemplares

e, para a súa distribu-

Foto: Biblos

ción, con Gadis, Renfe,

Autocares Vázquez, Biblos

e diversas asociacións,

así como coa propia

consellería que, para

facer viable a idea, achegou

9.905 euros.

Outros 5.000 exemplares

foron patrocinados e

distribuídos polos concellos

de Cambre, Carballo,

Cesuras, Fene e

Porto do Son.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!