29.04.2013 Views

CLUBE DE LECTORES - Biblos

CLUBE DE LECTORES - Biblos

CLUBE DE LECTORES - Biblos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Berros de dor ou

cantares de amor

Uxía Senlle

Emilio Rúa ten nos ollos e na voz a profundidade das terras de

Ourense, de Vendas da Barreira, onde naceu e onde vive. Lonxe

do mundanal ruído, alí foi quen de construír unha personalidade

musical propia. Guitarra e harmónica arroupan a súa voz aguda, ás

veces rasgada para expresar sentimentos moi nosos e, ao mesmo

tempo, universais.

Berros de dor ou cantares de amor, referencias constantes á vida na

aldea ou ás iconas da nosa música tradicional («Que maxia ten a

gaita que soa na ribeira da distancia»), a fraxilidade de quen ama e

sufre, a grandeza dos homes e mulleres que loitan en favor da paz,

das vítimas dun sistema inxusto.

A vida nunca debería arrebatarnos o que temos de puros, de

inocentes. Emilio pode transportarnos a ese mundo onde o amor e

a beleza do cotiá son aliados para ser máis felices.

Como di o seu paisano Xosé Carlos Caneiro no texto que acompaña

ao cd: «Cando canta Emilio parece que a lúa pon trenzas. É un

artista, un inspirado, un bohemio que vai coa súa guitarra prendida

na boca: os versos colgados dos ollos. Fai música que adormece,

exalta, emociona, vulnera. Digo que é un inspirado porque só as

musas son capaces de elaborar o canto que permanece. Nestes

malos tempos, cibernéticos e incomunicados, á música de Emilio é

celestina: aproxima, une, desata».

O mundo rural que describe aparece vestido de nostalxia:

«Morrerán nas aldeas as estrelas desta noite eterna», «Miña galega,

estás soa na aldea»; pero tamén de esperanza: «Aínda queda vida

na aldea». Pero o que eu salientaría é a forza expresiva, rotunda e

profunda das súas composicións: pop elegante, baladas intensas

ou versións moi atinadas de cancións tan populares como «A Saia

da Carolina» ou «A Rianxeira» que recobran na súa voz nova vida

e unha lectura radicalmente diferente ás habituais e recorrentes

revisións destas pezas tan emblemáticas do noso folclore.

Canta na súa lingua materna, coa que mellor exterioriza o que

sente e faino cun orgullo que o diferencia dos autores novos

galegos da súa xeración. Os arranxos, partindo das harmonías que

o propio Emilio creou tentan realzar as cancións, sen desvirtualas,

sen que perdan a esencia e a autenticidade que as caracterizan.

Trátase dun traballo imaxinativo e elegante contando co talento

dos músicos invitados neste disco. Guitarra, batería e percusión,

contrabaixo, acordeón, piano, corda e metais.

Paco Charlín (contrabaixo) é, sen dúbida, un dos mellores

contrabaixistas do país que acompaña a grandes figuras do jazz

ibérico: Bernardo Sassetti, Perico Sambeat, Abe Rábade. Leandro

Deltell, batería de longo percorrido que acompañou a Budiño e

Mercedes Peón. Paulo Borges, pianista e acordeonista nacido nas

illas Azores aporta tamén a súa virtuosa interpretación. Todos

e cada un axudando a construír un resultado único, verquendo

toda a súa enerxía nunha obra que, estou segura, será un punto e

aparte na música galega, que hai tempo que non se aproximaba

ao pop cantado en galego con tanto talento na composición e na

interpretación.

Dreamland

Nanas de diferentes partes

do mundo. Angelique Kidjo

& Santana, Lynn Morrison,

The Sanshin Café Orchestra,

Teresa Doyle, Claudia Martinez,

Zulya...

Referencia: PUTU212

Sing along with

putumayo

Cancións de blues e folk para

cativos con Arlo Guthrie,

Rhonda Vincent, Tim O’Brien,

Rufus Thomas, Keb’ Mo’, Taj

Mahal e Rosie Flores entre

outros músicos.

Referencia: PUTU222

Jazz

African playground

Cancións interpretadas por

artistas africanos famosos

como Angelique Kidjo, Mose

Fan Fan, Baba Ken Okulolo,

Aura Msimang, Takira Sammy,

etcétera.

Referencia: PUTU207

KIKO AGUADO

Maíz tostado

Galego de nacemento e granadino

de adopción, Kiko Aguado leva

anos acumulando méritos para ser

considerado uhna das figuras máis

destacadas do jazz en España. Hoxe

compaxina a tarefa como director da

Big Band de Granada coa súa propia

carreira discográfica. Ademais da súa

depurada técnica como guitarrista,

sobresae tamén como compositor

e arranxista, tal e como se prode

comprobar nos once cortes deste Maíz

tostado.

Referencia: AMB05002-02

12,10 €

BALDO MARTÍNEZ GRUPO

Tusitala

Tusitala, palabra que quere dicir «o

narrador de historias» na lingua da illa

de Samoa, encerra sete temas, nos que

o contrabaixista e compositor ferrolán

Baldo Martínez está acompañado

pola súa banda habitual, formada

por Antonio Bravo (guitarra), David

Herrington (trompeta), Pedro López

(batería e percusión) e Eduardo Ortega

(violín). Todos eles definen este novo

traballo como un conto, unha historia

que abre as portas a un novo mundo...

Karonte

Referencia: KAR-7785

17 €

Latin playground

A riqueza e a beleza da música

e a cultura de Latinoamérica.

Participan, entre outros, Amara

Portuondo, Lila Downs, Flaco

Jiménez e Nazare Pereira.

Referencia: PUTU201

KIKO AGUADO E CELIA MUR

Coloreados

Ela é unha das mellores vocalistas

españolas de jazz, que neste traballo

está acompañada do reputado

guitarrista Kiko Aguado. Di a crítica

que este é un disco «feiticeiro que baila

ao ritmo do cristalino jazz e polo que

desfilan composicións propias do dúo

e versións dos Beatles de inagardado

acento brasileiro».

Referencia: AMB05016-02

12,10 €

ALBERTO CONDE/BALDO

MARTÍNEZ/NIRANKAR

KHALSA

Entremares

Alberto Conde é venezolano de

nacemento pero galego ata a medula

e iso recoñécese neste disco, que é

Galicia, é jazz e é música rotunda e

sen paliativos. Da achega á cultura

tradicional galega falan sobradamente

os títulos de traballos incluídos neste

CD como Rianxeira, Negra Sombra,

Troula de Campañó ou Muiñeira de

Combarro.

Karonte

KAR-7777

18 €

World playground

Touré Kunda (Senegal), Manu

Chao (Francia), Glykeria

(Grecia), Ricardo Lemvo

(Congo), Nazaré Pereira (Brasil),

Cedella Marley (Jamaica/USA),

entre outros.

Referencia: PUTU154

ÁBE RÁBADE TRÍO

Playing on light. 7

sounding photos

A estética xeral deste novo disco

evoca patróns da escola jazzística

norteamericana, aínda que

modificados baixo o prisma persoal

do trío e con non poucas filtracións

de sangue folclórico. Mantén unha

relación directa coa fotografía e o

propio Ábade di del que é un «traballo

descritivo» onde parte das sensacións

que lle producen sete das súas

fotografías preferidas, que representan

os sete conceptos que inspiran

os títulos do disco: sensualidade,

introspección, abatemento, desamparo,

violencia, protección e luminosidade.

Karonte

Referencia: KAR-7792

18,50 €

BALDO MARTÍNEZ CUARTETO

ACÚSTICO

Zona acústica I

Un repertorio orixinal na súa meirande

parte, que pode recordar tanto a algúns

proxectos nórdicos do contrabaixista

Arild Andersen, como a un dos discos

máis personais do trompetista Dave

Douglas –Charms of the night sky–, e

incluso a algún dos proxectos acústicos

de Louis Sclavis, todo cribado pola

estética e a linguaxe jazzística de Baldo

Martínez, onde a improvisación é a

base de toda a súa música, desde a

tradicional á clásica, desde o Cool ao

Jazz de vangarda.

Boa

ZX-0403

16 €

World playground 2

Segunda parte dun dos CD

máis didácticos desta colección.

Miriam Makeba, Toots & The

Maytals, La Sonora Dinamita

e Baka Beyond son algúns

dos seus artistas. Inclúe textos

explicativos en castelán.

Referencia: PUTU193

Música

31

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!