29.04.2013 Views

CLUBE DE LECTORES - Biblos

CLUBE DE LECTORES - Biblos

CLUBE DE LECTORES - Biblos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

As Entrevistas do Diario Cultural

10

Manuel Rivas

«A memoria en

“Os libros arden mal”

é como unha enerxía

alternativa nas historias

que vai cara a adiante»

Ana Romaní

Directora do Diario cultural

—Como vive estes momentos da

saída da novela, porque imaxino

que é consciente das expectativas

que esperta.

—Non sei se son consciente ou inconsciente,

porque estou nun momento

no que máis que mirar cara

a fóra teño unha relación de excitación

coa crianza, unha relación máis

persoal porque aínda non acabo de

despedirme de todo do que veño

de facer e quizais tampouco sexa

tan doado facelo no futuro. Estou

a desprenderme, a cortar o cordón

que me une á obra para que pase a

ser cousa dos lectores.

—Pois entremos en materia. Materias

que en Os libros arden mal son

moitas, pero que sobre todo semella

ser outra memoria.

—Efectivamente, é a memoria como

o humus que fecunda toda obra

literaria, pero que aquí actúa tamén

como unha especie de protagonista,

como unha enerxía interior da historia.

Memoria é unha palabra que de

tanto usala pode perder o sentido e

parecer que cando falamos dela exclusivamente

o facemos dunha ollada

saudosa ou polo retrovisor, moi

obsesionada polo pasado. Pero a

concepción que eu teño dela neste

caso é a dun ser vivo que definiría

como unha enerxía alternativa, interior,

que está dentro das historias,

e que máis que avanzar cara a atrás

faino cara a adiante. Aquí son moitas

historias moi entrenzadas nunha

novela que reproduce unha esfera

armilar que marcan as distintas ór-

bitas dos astros. Estes hai ocasións

en que conflúen, aínda que ás veces

os propios seres que están a virar

na órbita non sexan conscientes de

que están a cruzarse con outros. En

Os libros arden mal están un pouco

todas as clases da sociedade galega:

o mundo ao redor do espazo porturario

nun ir e vir continuo que é a

existencia humana e, en particular,

a nosa como pobo.

—Nalgún momento pódese falar

de thriller.

—Un dos eixos que atravesa a novela

dunha forma máis ou menos evidente,

ao comezo de modo latente e

logo emerxente, é unha historia clara

de suspense entre os xéneros de

serie negra, policíaco e de espionaxe

que se converte na parte máis intensa

da novela cara ao final, cando nos

situamos nos anos sesenta.

—No que fai á estrutura, cando

alude aos capítulos ten feito

referencia a Rayuela como posibilidade

de lelos de forma independente.

—Digo que pode ter unha estrutura

algo cortazariana. Ten 92 capítulos,

cada un deles cun título, moi entrenzados,

pero cada un deles cunha historia

autónoma, propia. O ideal é que

se lea de comezo a fin, e eu sería feliz

con que alguén o fixese e chegase ao

final. Pero é posible esa outra lectura

de se ir movendo polos capítulos

un pouco ao chou, que eu penso que

funciona, aínda que non ten unha influencia

directa de Rayuela.

—Na novela conflúen moitos dos

motivos, historias e mesmo per-

sonaxes do seu mundo literario:

o heroe, a figura do boxeador, referencias

dalgúns dos relatos anteriores...

é como un reencontro con

todo o seu mundo literario.

—O boxeador está situado nunha

época distinta... pero é verdade que

ás veces son como reencarnacións ou

prolongamentos: no Lapis do carpinteiro

xa había unhas lavandeiras que

en páxina e media socorrían a un ferido.

Quedaron aí. E sen ter nada que

ver con elas, aínda que dalgunha maneira

hai fíos históricos que as relacionan,

aquí unha delas convértese nun

personaxe central, dos que chamaríamos

condutores porque ten unha

percepción moi especial das cousas.

Digamos que hai seres que noutras

obras pasaban por alí, e que aquí se

quedan. Pero estamos a falar dun libro

moi cheo de xente, moi poboado,

e hai algúns personaxes que si teñen

algunha conexión, que acompañaban

a outros en obras anteriores, pero tamén

hai moita xente nova.

—¿Cal diría que é o tema, de

que trata?

—Está a historia dramática da cultura.

Eu penso que esa é unha das

partes importantes que latexa en

todo o libro, que é o papel tan contraditorio

e dramático da cultura (a

relixión e moitas outras cousas en

relación con ela) que pode ser invocada

para unha cousa e para outra.

Está resumido na figura dun personaxe,

un maxistrado bibliófilo practicamente

desde a infancia, moi culto

e amador dos libros, pero que na

súa actuación na vida como persoa

vai deixar moito que desexar.

Fotos: Xoán G.

MANUEL RIVAS

Os libros arden mal

Novela que se desenvolve nun período

que vai do 1881 deica os nosos días, entre

o falecemento de George Borrow e o

dun vello anarquista galego chamado

Polca. A protagonista principal é a linguaxe:

a loita entre as palabras feitas para

dominar, e as palabras eivadas, entre

a linguaxe do poder autoritario e a que

sobrevive na penumbra, a linguaxe bélica

e o latexo dionisíaco da fala popular.

Unha obra que intenta pescudar, con sutileza

e sen dogma, no inexplicáble histórico

e faino cunha estrutura interna de

esfera armilar.

Xerais

Rústica 14,5 × 22 cm 752 páxinas

ISBN: 84-9782-461-X

22,80 €

1 A

2 Retorna

3 Confeso

4 As

5 Felicitámonos

6 Teño

7 Chega

Breviario

Ramón Nicolás

figura e mais a obra de Celso

Emilio Ferreiro están máis vivas

que nunca. A carón dun espléndido

número da revista Arraianos dedicado

á memoria do poeta e presentado

a finais de agosto en Celanova, no

que se inclúe un valioso monllo de

documentos, fotografías e referencias

inéditas, xúntaselle a preparación, por

Producións Culturais Artesa, dunha

edición de coleccionista de Longa noite

de pedra, con gravados de Silverio

Rivas. O mesmo título sairá tamén

traducido ao castelán en Rinoceronte

Editora.

o crítico cinematográfico e

narrador Miguel Anxo Fernández

ao ámbito da novela negra co título

Luar no inferno; un xénero no que non

resulta doado manexarse sen caer no

tópico e que, porén, goza de moita

vitalidade nos últimos tempos.

a miña devoción pola escrita

de Unai Elorriaga, de quen puidemos

ler na nosa lingua Un tranvía cara a

SP e mais O pelo de Van´t Hoff. Chega

arestora Vredaman, tamén en lingua

galega e mesmo co-traducido polo

escritor éuscaro, na que sigo a advertir

ese espírito lúdico, reflexivo e mesmo

subversivo que lle outorga á súa escrita.

Porén, os lectores galegos semellan

non outorgarlle a confianza que lle

prestaron aos dous volumes anteriores.

Pregúntome a razón.

últimas propostas de Rivas e

Suso de Toro concitan, en xeral, o

beneplácito da crítica galega e ao

meu ver é xusto que así sexa. Curioso

resulta observar o frío silencio que

acolle un texto irreverente, xa tachado

de periférico, reiterativo e machista,

como a última novela de Cid Cabido.

Afirmar iso é non entender nada do

seu Blúmsdei.

pola recuperación

de textos históricos que non

puideron cumprir o papel que lles

correspondería no seu tempo. Velaí

A nova vida de Lois Tobío ou Intres

de Luís Manteiga. Parabéns tamén a

Ediciós do Castro e a Isaac Díaz Pardo

por estas, e tantas, regalías ás que nos

ten afeitos.

para min que cómpre insinuar

camiños para que os lectores máis

novos coñezan e gocen a poesía galega.

Por iso colectáneas ou poemarios para

primeiros lectores como os de Marica

Campo, Concha Blanco, García

Teijeiro, o tándem Pepe Cáccamo

e Marisa Núñez e, sobre todo, o

Poetízate de Fran Alonso, cumpren un

papel fundamental para divulgala e

permitir o seu acceso.

ás miñas mans unha requintada

memoria das actividades desenvoltas

no Ateneo Republicano de Galicia.

Sorprende a cantidade inxente de actos

que a institución levou a cabo nos

tres últimos anos. Mágoa da escasa

repercusión que estes teñen fóra da

cidade herculina e mágoa de que a

lingua vehicular da memoria non sexa

a galega.

Breviario

11

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!