15.05.2013 Views

Crónicas desde a India - Vieiros

Crónicas desde a India - Vieiros

Crónicas desde a India - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

4

Da teoría

á cara

ai un ano e con bastante traballo, en Implicadas/os no Desenvolvemento preparamos unha

H exposición sobre diferentes temas relacionados coa pobreza. A exposición ten dez paneis e

cada un creo que nos marcou profundamente. Un dos paneis, elaborado en colaboración

con Intermón-OXFAM, trata dos medicamentos e da batalla polos xenéricos que se loita na

Organización Mundial do Comercio (comercio coa saúde).

O tema da SIDA agrava o asunto ata a inhumanidade máis absoluta. A India é o país con máis

casos en número. Polo menos ata que a China comece a contar os seus. As grandes farmacéuticas non

queren ceder os seus ingresos grazas aos cales moitos señores en Europa e Estados Unidos (algunha

señora tamén, pero xa sabemos que nos postos de dirección tocamos a moito menos) teñen chalés,

varios coches e van de vacacións ao Caribe. Seguramente tamén dan para obras de caridade, que boíños.

Na teoría iso de recoñecer o dereito á patente é moi bonito. Pero na práctica todo iso ten cara.

A de Kanahi, sen ir máis lonxe. Seropositiva, contaxiada polo seu home, como a gran maioría das

mulleres indias seropositivas, onde o contaxio por relacións sexuais heterosexuais é a vía máis importante

e onde se arranxan matrimonios con homes infectados poñendo a sentenza de morte sobre a

rapaza. O centro máis próximo para tratamento antirretroviral é Chennai (a sete horas en coche de

Tiruchi) e nos hospitais nin sequera lles dan antibióticos ás persoas seropositivas. Para que? Hai necesidades

máis urxentes e moito estigma social.

> 16

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!