15.05.2013 Views

Crónicas desde a India - Vieiros

Crónicas desde a India - Vieiros

Crónicas desde a India - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

14

Lección de

léxico

o templo de Srirangam atópase o exemplo perfecto para a diferencia entre ser india e ser

N hindú. Calquera india pode entrar pola porta do templo. Pero só as hindús poden acceder

aos santuarios onde están os deuses. Este ano souben por primeira vez que esta é unha práctica

frecuente nalgúns templos de Tamil Nadu. Vinay, que veu de Karnataka esta semana, non podía

dar crédito. Fomos por ver a arquitectura pero o noso nivel de cabreo (o de Vinay, hindú, e o meu)

chegou a tal punto que marchamos sen máis. A min duroume unha mañá de morros. Sen comprender

cómo se pode prohibir a entrada a alguén nun lugar de culto desa maneira. “É a cultura dos brahmáns

de Tamil Nadu”, di Ambal con cara de amolado. “Se alguén fixese iso nunha igrexa podes ter

por seguro que me habían oír”, dígolle eu. E o cabreo vólveme cando recordo o cartel: Only Hindus

allowed. E a quen se lle pide a fe de bautismo?

Perder a inocencia ı O mércores comeza o curso sobre xénero e desenvolvemento que Ambal

me pediu que dese para todo o persoal da organización. Eu teño un afán de pequena maquiavélica

con fins didácticos. Primeiro analizamos distintas cousas en grupos. De maneira inocente. Pídolles

que como as nenas fagan un debuxo sobre a súa familia, a outro grupo que busque ditos en tamil

sobre as mulleres, a outro que decida se certas afirmacións sobre a sexualidade poden atribuírse a un

home ou a unha muller... Pero o meu grupo favorito é o do cine. De novo con inocencia pídolles que

fagan unha representación dunha película “estandar”, das que aquí chaman “masala movies”. E admi-

> 40

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!