You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
* Presentación

mundo está inzado de paradoxos. Tamén de inxustiza. Os que traballan contra a inxusti-

O za, os que viven comprometidos en cambiar a orde voraz deste mundo, recoñecen en si

mesmos ese paradoxo: o mundo resístese; en realidade, son eles os que cambian. Muda, en

primeiro lugar, a mirada. O lector que se achegue a estas Crónicas desde a India de María Reimóndez

apreciará que están escritas desde o pouso que se xera na experencia re-vivida, desde o esforzo persoal

por revisar criticamente os prexuízos e as categorías que nos impiden non só observar o mundo tal

como é, senón participar activamente na creación doutro estado de cousas posíbel. Esa nova mirada

permítelle a María transmitirnos a súa experiencia desde unha profunda subxectividade. Non desde

o ensimesmamento nin a distancia do turista accidental, senón desde a apertura e a solidariedade.

María Reimóndez traballa desde hai dez anos nun proxecto de desenvolvemento na cidade de

Tiruchy, no sur da India. Tempo dabondo para que se considere, como ela di, un híbrido galego-hindú.

Por esta razón, María consegue que a súa proximidade cos homes e mulleres dos barrios de Tiruchy os

faga tamén próximos a nós, coñecidos, concretos, cunha dignidade que transcende as estatísticas e o

habitual tratamento xornalístico da realidade hindú. Nada de exotismos. Nada desa visión da India da

literatura colonial británica que modelou a sensibilidade infantil de tantas xeracións “occidentais”.

María resume nun parágrafo a súa experiencia: «Eu o que fago é avaliar cómo van as cousas, planificar

4