15.05.2013 Views

Crónicas desde a India - Vieiros

Crónicas desde a India - Vieiros

Crónicas desde a India - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

9

dereito

a soñar

que comezou sendo unha entrevista máis rematou nunha historia da que tardaremos moito

O en saber o final. Estabamos na casa de Gayatri, unha das alumnas máis brillantes de C-

Block, falando coa súa mai. E unha pregunta inocente (que lle gustaría a vostede que seguise

estudando a súa filla?) acendeu a lapa. Gayatri contestou antes cá súa mai: Quero ser médica. E eu

sorrín coa ilusión de Gayatri. Pero inmediatamente despois contestou a súa mai: A miña filla vai estudar

a primaria e con iso abonda. Mentres ela falaba, eu miraba a Gayatri. Cos seus doce anos e un

xesto roto. Non podía quitar dela os meus ollos.

O que seguiu despois foi a batalla campal. A mai que a nena xa casaría e non tiña que traballar.

Que iso de traballar fóra da casa, nada de nada... Os seus argumentos, sen embargo, axiña demostraron

ser febles. E eu neses casos son coma unha máquina de churros. Coa combinación das cousas

prácticas (por que negarlle o dereito á filla a mellorar na vida), con cuestións de dereitos básicos e

xustiza (por que decide vostede xa que a nena vai casar? Aínda se casa, por que a condea a vivir dependente?).

Metendo a todo o mundo en danza (cando a mai se negaba a que a filla traballase fóra da

casa collín á traballadora sanitaria, Annalaksmi, e preguntámoslle á mai se cría que era mala persoa

por traballar por aí na rúa e vir ao seu suburbio).

A veciña estaba connosco, ela tamén cunha filla que vai ás clases de apoio e quere estudar. Ao

final non lle quedou nada que argumentar e cedeu. A miña mirada na cara de Gayatri, por quen todo

> 28

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!