15.05.2013 Views

Crónicas desde a India - Vieiros

Crónicas desde a India - Vieiros

Crónicas desde a India - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

6

a sétima

arte

dmito que as espectativas non eran mais que gozar do ambiente, coller o cabreo habitual e

A un pouco de xordeira. Algo de cor. Pero Kanthi sorprendeume gratamente. A primeira hora

foi o conto de sempre, o acoso como arma de conquista, a heroína que finxe non querer

nada co heroe e este, con insistencia que a min me faría denuncialo na primeira comisaría, consegue

o seu obxectivo. O mítico exemplo de “cando unha muller di non quere dicir si”. Estomagante, qué

máis dicir.

Pero logo a película tomou unha vía totalmente distinta. O que pensei que ía ser un argumento

tipo Romeo e Xulieta, neste caso trasladado á fronteira entre Maharashtra e Karnataka onde conviven

comunidades dos dous estados con certa dificultade e violencia, acabou sendo unha reivindicación

antirracista e unha advertencia contra a política comunal.

O máis interesante da película é a exposición que fai dos intereses de certos políticos en enfrontar

as comunidades entre si para o beneficio propio. Iso si, nesta segunda parte xa non aparecía ningunha

muller (a heroína fora retida pola súa familia, aparece só ao final no discurso do heroe para ser

levada por el no seu amor libre de prexuízos). Supoño que para o director as mulleres deberiamos

conformarnos con aprezar o guapo que era o protagonista (por unha vez da mesma idade cá protagonista

e non trinta anos maior, o habitual no cine do sur).

Un plan para Tasneem ı Nunca pensei que se puidese recoñecer unha persoa só polos ollos.

> 22

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!