15.05.2013 Views

Crónicas desde a India - Vieiros

Crónicas desde a India - Vieiros

Crónicas desde a India - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

0

Introdución

on vou ocultar que para min este era un ano especial. Dez anos. Dez anos de compromiso,

N de coñecemento, de descubrir, de aprender, de vivir dúas vidas, como digo ás veces. Co paso

do tempo as cousas vanse vendo en perspectiva e aquelo que comecei con dezaoito anos

como unha aposta por unha forma de vida véxoo agora transformado en moitas pingas que van facendo

ondas na auga, mesmo nestes tempos de seca. Mirando cara atrás comprobo que as opcións non

sempre son tan doadas como semellan, pero que a recompensa que me proporciona a interacción con

tantas persoas que teñen marcado a miña vida, algunhas delas presentes nestas páxinas e outras presentes

deste o outro lado, a través de Implicadas/os no Desenvolvemento, non se pode comparar con

ningunha outra emoción. Sería tópico falar de sorrisos de nenas, e como veredes nestes textiños, ás

veces hai sorrisos e outras moita dor e cabezadas contra muros. Pero todo iso é unha inmensidade de

vida e de enerxía, a enerxía que transforma o mundo.

A min ás veces pregúntanme se sinto fascinación pola India e nunca puiden dicir que si porque

para min é o fogar tanto como Galiza a estas alturas. E o fogar non fascina, ámase por veces e detéstase

outras. Aquí, neste mundo de fartura no que eu me sinto estraña, agradezo ese meu outro espazo

da India que non me permite sentar e ser espectadora dos horrores do mundo que creamos cada

día. E cando estou aló, como tamén conto nestas páxinas, boto en falta outras cousas, iso si, ningunha

delas materiais agás os abrazos. Ao cabo, por sempre dividida, ou duplicada. Pero as divisións son

> 6

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!