14.07.2013 Views

andaina 54

andaina 54

andaina 54

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Este encontro é xa un fito na histo-

ria do feminismo, un acontecemen-

to de importancia social e política. Somos

protagonistas, temos a palabra e

imos iniciar este camiño cheo de convicións

e dúbidas.

Benvidas.

En 1979, tres mil mulleres dabámonos

cita en Granada. Eran as segundas

xornadas estatais e as primeiras que

convocaba a Coordinadora de Organizacións

Feministas. Unhas xornadas

que abriron camiños para continuar a

nosa andaina pola liberdade, igualdade

e autonomía das mulleres, e nas que se

produciron roturas que tardaron o seu

tempo en cicatrizar.

Nestes anos, o feminismo estendeuse,

multiplicouse e mudou os seus

lazos. Hai moitos feminismos. Entón

todas estabamos agrupadas na coordinadora.

Hoxe a coordinadora é unha

parte do movemento. E desde esa parte

tomamos a iniciativa de convocarvos

a todas.

O programa que nos reúne di moito,

amosa un feminismo real, vivo, que

afirma a imprescindible transversalidade

da política feminista, que mete

o nariz en todo, que forma parte da

micropolítica e dos grandes proxectos

estratéxicos que involucran os destinos

de millóns de seres no mundo.

Vimos a Granada a mesturarnos xeracións

de feministas dos setenta, dos

oitenta, dos noventa, dos dous mil,

onde as novas representacións feministas

atopen o seu espazo por dereito

propio.

Vimos a Granada recrear un espazo

onde o feminismo crítico se faga visible,

ese feminismo non institucionalizado,

disposto a subverter os xeitos de

vida que os sistemas hexemónicos da

orde patriarcal, racial, da orde moral

cos seus fundamentalismos, da orde

sexual, e da orde capitalista estable-

cen. Un feminismo que considera que

o único posible é o que é xusto para as

mulleres.

Vimos a afirmar feminismos autónomos,

independentes, que non supeditan

a axenda aos intereses doutras

instancias, nin modera ou domestica

o discurso nin a acción a cambio de

subvencións. Feminismos que buscan

o encontro e alianza con outros movementos

sociais, con movementos de

resistencia.

Non nos acomodamos nin somos

compracentes ante o logrado. Por vivencias,

experiencias, conviccións e

ética, non podemos selo, porque son

moitas as exclusións sistémicas que expulsan

as mulleres á precariedade, ás

marxes, á negación dos seus corpos e o

seu ser, á expulsión da cidadanía.

Estamos aquí pola enerxía e o esforzo

dos lazos tecidos durante anos a través

da Coordinadora de Organizacións

Feministas.

Estamos aquí grazas ao traballo de

moitos grupos de mulleres […]. Grazas

ao traballo inxente, xeneroso e en

ocasións ingrato de todas as persoas

que colaboraron na organización das

xornadas.

E estamos aquí máis de 3000 mulleres,

grazas […] á sapiencia das mulleres

da Asemblea de Granada que nos

acollen e a quen debemos a dita de nos

encontrar. n

13

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!