14.07.2013 Views

andaina 54

andaina 54

andaina 54

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

36

Empecei a traballar con trece anos acabados

de facer, nunha fábrica de Bouzas, en

Vigo. Traballaba sen parar, seguido. Quero

dicir traballábase ata case non poder

encher os pulmóns de aire e cunha saúde

moi mala. Dos recordos máis intensos

que lembro son o frío que pasabamos e

os sabañóns nas mans. O traballo era duro,

porque case que todo se facía manual. As

máquinas que había só se empregaban

para pechar as latas da conserva.

Mercedes Bastón Bacelar

A nós, que eramos unhas raparigas, ofrecíannos

gañar unhas pesetas escunchando

mexillóns para levar a vender ás fábricas

de Aldán. Neste labor só traballabamos as

mulleres, as propias dos mariñeiros e algunhas

veciñas. Despois tiñamos que ir

andando, coas cestas na cabeza, dende

Santa Marta á fabrica de Aldán para levar

os mexillóns.

Josefa Pérez González

O traballo na conserveira, cando tes fillos,

lévase mal, moi mal, porque tes que chegar

á casa e tes que atendelos, e eu tiña

que ir lavar ao río, que non tiñamos auga

na casa…, e chegas cansa, e non atendes

ben aos teus fillos; entón acabei deixando

o traballo, porque se non os fillos telos

abandoados… e é moi duro e… lévase

mal.

María Ríos Rodríguez

Na de Chamadoira, cando era o tempo do

bonito, quedabamos co loureiro a tornarlle

as moscas, para que non pousaran no

bonito… Esta fábrica daba moito traballo,

porque colliamos a auga do mar, había

que estar carrexando auga… e carrexar o

carbón… e subir riba dunha mesa cando

che botaban o peixe… e espallalo á xente

para que tivera para traballar.

Josefa Rial Bastón

(Fita Ghalana)

Eu estiven toda a vida na conserva: traballei

trinta e catro anos na de Massó den-

de o ano 1962 ata o ano 1996. Traballaba

unhas veces levando o control dos pesos

das latas, o aceite que tiñan que levar, a

cantidade de tomate que se lle poñía, etc.

Despois estiven no almacén e tamén na

máquina de lavar.

Carmen Gallego Martínez

Algunhas mulleres viñan dende a parroquia

de Aldán (sete quilómetros) andando

e descalzas e algunhas incluso en estado.

Naquela altura, no ano 1935, viñan tamén

dende Sabaceda, en Moaña. Cando empecei

a traballar mandáronme para o estuchado.

O primeiro día de traballo conseguín

facer unha caixa de anchoa de cen

latas. Co paso do tempo e a veteranía que

collín cheguei a facer seis caixas por día.

Josefa Covelo

Chamaban por pitadas e tiñas que ir, porque

senón quedabas na lista das que non

acudiran e despois dábanche traballos

moi malos, dos peores, como era traballar

na salmoira, e así.

Pura Rial

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!