14.07.2013 Views

andaina 54

andaina 54

andaina 54

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Galicia na Coruña. Trátase dunha mostra

completísima, reúne arredor de

cincocentas fotografías que presentan

unha enorme variedade de estampas de

Galicia, sobre todo da rural: paisaxes,

arquitectura popular, oficios, escenas

festivas... semella que nada escapou ao

obxectivo da fotógrafa. O conxunto

–escolmado dunha colección de máis

de cinco mil imaxes da mesma autora–

achega unha rica información para a

historia recente da vida cotiá no noso

país.

Moitas destas imaxes resultan atraen-

tes por razóns diversas; nuns casos debido

ao seu interese como documento

etnográfico, noutros pola súa equilibrada

composición, noutros porque nos

fan sentir unha estraña proximidade

coas persoas retratadas e case a ilusión

de telas coñecido. As pequenas im-

perfeccións técnicas dalgunhas das fotografías

(problemas de enfoque ou de

exposición) non lles restan un ápice

de valor; de feito, ditos defectos parecen

insignificantes cando se coñece o

contexto no que foron tomadas as ima-

xes. En realidade abraia que autora fose

Moitas destas imaxes resultan atraentes por razóns diversas;

nuns casos debido ao seu interese como documento etnográfico,

noutros pola súa equilibrada composición, noutros porque nos

fan sentir unha estraña proximidade coas persoas retratadas e

case a ilusión de telas coñecido

unha persoa que carecía de experiencia

previa en fotografía de exteriores, que

apenas coñecía a lingua do país e que le-

vou a cabo un traballo inxente practicamente

soa.

Mais sen pretender poñermos en

dúbida o indiscutible interese da exposición,

si atopamos nela algo que nos

sorprendeu negativamente: o cativo

espazo que se lle concede á propia autora,

á que ao noso entender lle correspondería

en xustiza algo máis de protagonismo.

No comezo da exposición

vemos unha Ruth sorrinte nunhas poucas

fotografías de autoría descoñecida

e unhas breves liñas fálannos brevemente

sobre ela e a institución que a enviou

a Galicia. Iso é todo, non hai ningunha

mención máis na media ducia de salas

que siguen. Por sorte nalgún dos textos

incluídos no catálogo atopamos datos

moi interesantes sobre Ruth Anderson

e o seu extraordinario labor.

Amosando gran confianza en si mesma,

esta muller salientable aceptou de

contado a proposta da HSA de emprender

unha expedición fotográfica a Galicia;

entón non coñecía con exactitude

os detalles pero si era plenamente consciente

da magnitude da tarefa. Hoxe en

día apenas podemos imaxinar as condicións

nas que a levou a cabo, a dificultade

da comunicación (debido tanto á

lingua como ás diferenzas culturais), de

obter información, de mercar materiais

técnicos, dos desprazamentos, as trabas

burocráticas... Sabía que tiña ante ela

un reto formidable no que debería empregarse

a fondo e no que ía atopar un

cúmulo de atrancos. Durante preto de

dous anos dedicouse case en exclusiva

a súa misión cunha enerxía e cunha

paixón salientables.

Aínda que xa estivera antes en Galicia,

Ruth non falaba galego, si un pouco

de castelán (aínda que –segundo ela

mesma confesa– entendía máis ben

pouco), pero confiaba en que «xa apren-

dería», como así foi. Contou na primeira

parte da viaxe coa soa compaña do

seu pai, tamén fotógrafo (e que non

falaba unha soa palabra de castelán nin

de galego), mentres que na segunda

quen viaxou canda ela foi unha colega

fotógrafa da HSA, Frances Spalding,

acerca da cal non atopamos ningunha

43

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!