14.07.2013 Views

andaina 54

andaina 54

andaina 54

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Problemática

A problemática era unha consecuencia

da situación na que se atopaban as

mariscadoras. A falta de organización

facía que o furtivismo, tanto interno

como externo, acabara con todo.

Collían marisco sen ter o tamaño

comercial mínimo, co que estaban

impedindo a súa reprodución, de tal

maneira que as praias estaban esquilmadas.

Isto facía que a Administración

se vise obrigada a establecer uns períodos

de veda na época de reprodución

para preservar o recurso.

As mariscadoras non tiñan ningunha

capacidade de decisión na fase de comercialización

do seu produto. Nas

propias lonxas vendíase marisco que

non acadaba o tamaño mínimo legal

esixido pola lexislación vixente naquel

momento.

O excesivo número de mariscadoras

era un atranco para facer rendible o

marisqueo. Sobraba moita xente. Se se

quería profesionalidade había que reducir

o número de mariscadoras que,

daquela, andaba polas 12.000 (a maioría

das cales, nun 80 %, non estaban da-

das de alta na Seguridade Social –ISM–

e o salario que acadaban nese intre era

unha media de 1200 €/ano).

E por riba de todo era un colectivo

de mulleres, nese momento acadaban

un 95 %, casualmente como tódolos colectivos

formados por mulleres eran

condenados á marxinación. Esta realidade

expresouna moi claramente un

patrón maior dunha confraría cando

dixo, «Mentres eu sexa patrón maior

non consinto que unha muller sente no

cabido», e como quen falaba coa Administración

eran os patróns maiores das

confrarías como representantes do sector,

nunca tiñan tempo para falar da

problemática do marisqueo a pé, porque

había cousas máis importantes

das que falar, simplemente as mariscadoras

eran invisibles.

25

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!