14.07.2013 Views

andaina 54

andaina 54

andaina 54

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

denuncias e comentos d

6

Mulleres da Coordinadora Europea Vía

Campesiña xuntáronse en Betanzos os días 3 e 4 de

novembro. Alí analizaron a situación profesional das

mulleres do agro, os cambios da Política Agraria Común

(PAC), o papel das labregas no desenvolvemento rural,

as concrecións da Campaña Internacional contra a

Violencia sobre as Mulleres aprobada na V Conferencia

de Vía Campesiña celebrada en Maputo, Mozambique,

en outubro de 2008, á que acudiran Isabel Vilalba

e Xosé Ramón Cendán.

Compartiron os trazos principais das súas reivindicacións:

que as cotizacións á Seguridade Social sexan axeitadas

ao nivel de ingresos das mulleres nas explotacións

agrarias e con coberturas dignas; a titularidade compartida;

a participación igualitaria a nivel sindical, político

e social, así como a necesidade da corresponsabilidade

de mulleres e homes no ámbito doméstico e no espazo

público. n

Munilla, bispo de San

Sebastián, luciuse por

varias cousas que podedes

indagar na súa

biografía (ollo a que

fontes acudides). Unha

delas, as declaracións

«teolóxicas» sobre o

terremoto de Haití.

«…Deberíamos, ademais

de poñer toda a nosa

solidariedade con eses

pobres [os haitianos],

chorar por nosoutros

[…] pola nosa pobre

situación espiritual».

Si señor, esa espiritualidade forxada por tantos ministros

de Deus predicando nos púlpitos e adoutrinando en

confesionarios, catecismos e seminarios xustificando a

escravitude, a tortura, a submisión da muller –aínda,

as brasas das recentes declaracións do bispo de Granada

sobre as mulleres que abortan e os malos tratos–, a

explotación das persoas traballadoras. Espiritualidade

tamén fornecida coa condena pública e explícita da liberdade

de pensamento, o erotismo, a igualdade de dereitos

entre os seres humanos, os avances científicos.

Vaia desfachatez e caradura! n

Flor Baena quere restaurar a memoria de Xosé Humberto

Baena, fusilado en Hoyo de Manzanares (Madrid)

o 27 de setembro de 1975 con outros dous militantes

antifranquistas. A película Septiembre del 75 súmase as

obras que tratan de recuperar a agachada memoria no

consenso parlamentario da transición.

E non para de ir de aquí para alí, dar charlas, moverse e

mover Roma con Santiago para conseguilo.

É o soño desta familia, poder rehabilitar o seu nome, que

retomou o traballo do seu pai morto coa impotencia de

non poder demostrar a súa inocencia.

Que anulen a sentencia e que recoñezan que foi un

xuízo inxusto: que non podía ser xulgado pola xurisdición

militar, que os obrigaron a asinar a declaración

baixo torturas, que a lei antiterrorista foi redactada

estando Xosé Humberto na cadea, que non admitiron

a ningunha testemuña. n

Noa Mascato Fontaíña, unha moza realmente valente:

Só ten 12 anos, estuda primeiro de ESO no IES Os Rosais

de Vigo e o xoves 21 de xaneiro estivo a piques de non ir

á folga porque o profesor de Lingua e Literatura Española

puxo un exame para ese día e lles dixo que o ía ter

en conta na avaliación. Na casa explicáronlle que iso da

folga é un dereito e que ninguén nolo pode pisar, pero

que a última hora era ela quen tiña que elixir e que

tiña que facelo con liberdade.

A miña amiga Noa, que é unha boa alumna, preocupada

e traballadora, non foi ás aulas o xoves 21 de xaneiro,

o 47 % das compañeiras e compañeiros do seu centro

tampouco o fixeron. Parabéns a todas e todos eles! n

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!