23.04.2018 Views

Revista Diaita

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Vitaminas e minerais: A súa función é controlar e regular

o metabolismo. Non son nutrientes enerxéticos, pero son

esenciais para o ser humano xa que moitos deles no poden

ser producidos polo propio organismo senón que se reciben

do exterior mediante a inxestión de alimentos.

Son importantes para manter un bo estado de saúde, sobre

todo se se practica deporte, posto que interveñen nos procesos

de adaptación que teñen lugar no corpo durante o

adestramento e o período de recuperación.

Para manter uns niveis axeitados de micronutrientes é

recomendable consumir unha dieta variada e equilibrada,

abundante en alimentos de orixe vexetal, que son os máis

ricos en vitaminas e minerais.

Auga:

A cantidade de auga

que se perde durante

a práctica de exercicio

físico pode levarnos a

estados de deshidratación

se non nos hidratamos

correctamente. Non

esquezas a túa botella

de auga, que saia contigo

a facer deporte!!

Se seguimos todos estes consellos e cubrimos as

cantidades axeitadas non é necesario recorrer a

complementos nutricionais.

Pero... como debemos comer cando nos preparamos

para unha competición? Vexámolo

por partes:

• Alimentación días antes da competición: É

importante que se base en hidratos de carbono

(arredor dun 65-70%), deixando un 10-12% para

proteínas e un 15-20% para as graxas.

• O gran día: A competición. Antes da competición

aporta unha boa cantidade de hidratos de carbono

e evita que a comida sexa moi copiosa, así como as

que sexan moi condimentadas e procura facela 3-4

horas antes.

• Durante a competición: Se esta é moi longa,

debes aportar hidratos de carbono que axudarán a

retrasar a aparición de fatiga. Tampouco debes esquecer

unha boa hidratación, neste caso recomendamos

as bebidas para deportistas xa que axudan

a repoñer a perda de electrólitos á vez

• Despois da competición: Procura tomar rapidamente

líquidos e hidratos para repoñer todas as

perdas de nutrientes e auga corporal. que hidratan

Quen quere optimizar a súa saúde e o seu rendemento

deportivo debe alimentarse ben, para

estar ben nutrido, debe hidratarse de forma

apropiada e coa bebida correcta.

É importante comer gran variedade de alimentos,

en cantidades axeitadas e beber líquidos

antes, durante e despois do esforzo físico.

15

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!