23.04.2018 Views

Revista Diaita

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Receitas de tempada

HOXE COCIÑAMOS...

Pementos recheos

de luras

Ingredientes para 4 persoas: (1hora)

- 16 pementos roxos

- 3/4kg de luras

- 2 cebolas

- 2 tomates

- 3 dentes de allo

- 1 vaso viño branco

- Aceite virxe extra

- Sal

*Para a bechamel: 1/2l de leite, 2 culleres de

fariña, aceite virxe extra, sal e noz moscada.

PASOS:

Limpa ben as luras e reserva as tintas.

Pica os allos, as cebolas e os tomates e ponos

a pochar na pota rápida cun pouco de aceite.

Sazona e agrega as luras limpas e o viño

branco. Pecha a pota e cociña todo durante

5 minutos. Saca as luras e pícaas finamente.

Disolve as tintas cun pouco de sal e agrégaas

á salsa. Deixa que ferva durante 5 minutos e

tritura co batedor.

Para a bechamel:

Pon o aceite nunha tixola, agrega a fariña

e refoga brevemente. Verte o leite pouco a

pouco sen deixar de remexer.

Engade un pouco de sal e outro de noz moscada

e incorpora as luras picadas.

Mestura ben e deixa temperar a masa.

Enche os pementos coa masa. Colócaos

nunha bandexa e introdúcea no forno ata que

quenten.

Unha ración deste prato contén:

• 493 kcal

• 21 g de proteínas

• 33 g de lípidos

• 24 g de hidratos de carbono

Para servir, pon un pouco de salsa negra no

fondo do prato e coloca os pementos enriba

27

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!