11.01.2013 Views

Betanzos e a súa comarca - acebe cca

Betanzos e a súa comarca - acebe cca

Betanzos e a súa comarca - acebe cca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PRAZA DO CAMPO

2011

6 BC

BETANZOS e a súa comarca xullo

O Concello ultima os

preparativos da Feira Medieval

Seis kilómetros de teas e máis de 300 estandartes

decoran xa as rúas do casco histórico betanceiro

REDACCIÓN / Betanzos

Betanzos prepárase para celebrar

a Feira Franca Medieval, os

vindeiros días 8, 9 e 10 de xullo.

O Concello está a ultimar os

preparativos deste evento que

estrea o calendario festivo do

verán en Betanzos.

Seis kilómetros de teas e 300

estandartes e banderolas decoran

xa as principais rúas do

casco histórico brigantino onde

se ubicarán os postos de gastronomía

e artesanía con especialidades

en coiro, metal, orfebrería,

canteiría, herboristería,

copistería, papelería, iluminación,

etc.

As paradas instalaranse nas

zonas habituais: Porta da Vila,

Rúa do Castro, Praza da Constitución,

Santiago, Roldán, Pescadería,

Praza de Fernán Pérez de

Andrade, Santa María e San

Francisco.

Non faltarán as representacións

máis tradicionais da Feira

Franca Medieval de Betanzos: a

rememoración do incencio da

cidade co salvamento de bocois

de viño, a expulsión dos leprosos,

o tributo das cen doncelas,

o torneo medieval ou a Queima

da Bruxa e tamén repetirá este

ano o Recuncho Infantil no Cantón

Claudino Pita con actividades

para os máis pequenos que

poderán gozar tamén de obradoiros,

xogos populares, tio vivo

e caravana de burriños.

Haberá tamén exhibicións de

tiro con arco e cetraría, espectáculos

de malabarismos, música,

Cartaz anunciador da Feira Franca Medieval

deseñado polo betanceiro Luis Galán

danza, teatro, zancudos. O que

non haberá será Cea Medieval,

recuperada o ano pasado pero

que este ano se retira de novo

do programa como unha medida

de aforro, tal e como explicou

o Alcalde, Ramón García.

O cartaz

O cartaz anunciador da Feira

Franca Medieval é obra do deseñador

betanceiro Luis Galán no

que se recolle un dibuxo do

casco histórico no que destacan

as igrexas e as “portas” de

entrada a esta zona da cidade.

O cartaz é unha continuación

da serie de traballos realizados

po Galán en edicións anteriores

e nos que se mantén como elemento

común a presenza dun

moucho que hai anos protagonizara

unha sonada “fuxida” que

pasou a formar parte do anecdotario

da Feira Medieval.

PROGRAMA

Venres 8 de xullo:

18:00 h Apertura das paradas.

21:00 h Chegada do Conde Andrade e

apertura oficial da Feira. Lectura do

pregón a cargo do escritor Xabier López

López

22:45 h Rememoración do incendio da

cidade no ano 1569, co salvamento de

bocois de viño. Representación a cargo

da Asociación Alboio na Rúa Travesa

00:00 h Praza da Constitución La Recua

representará A Santa Compaña

Sábado 9 de xullo:

10:30 h Apertura das paradas.

11:00 h Apertura do recuncho infantil

13:00 h Praza da Constitución. Chegada

dos mouros e representación do tributo das

doncelas.

18:00 h Apertura do recuncho infantil.

19:00 h Actuación do grupo Azougue da

Escola Municipal de Folclore e danza

campesiña. Ao remate dará comezo a

Revolución irmandiña coa proclama do

mercader Afonso de Carballido

00:00 h Praza da Constitución. Espectáculo

de pirotecnia, zancudos, lume e Aquelarre

por conta do grupo LA RECUA.

Domingo 10 de xullo:

10:30 h Apertura das paradas.

11:00 h Apertura do recuncho infantil no

Cantón Claudino Pita.

12:00 h Praza da Constitución, xogos

populares e tradicionais por conta de

Cruz Vermella de Betanzos.

13:30 h Expulsión dos leprosos.

17:30 h Comezan a percorrer a feira os

pasarrúas de música, cómicos, malabares

e o dragón de lume.

18:00 h Apertura do Recuncho infantil no

Cantón Claudino Pita

19:30 h Torneo medieval na Praza do

Campo con exhibicións de cetrería, tiro

con arco e espectáculo de danza

22:30 h Praza da Constitución, La Recua

representa “A santa Compaña”

23:30 h Praza da Constitución, danza

moura.

00:00 h Fogos artificiais e peche da Feira

Franca Medieval.

Durante as tardes das tres xornadas

haberá malabares, música, teatro, xogos,

e exhibición de tiro con arco e cetraría na

praza de Santa María. Actuarán os

grupos Acibreira, La Recua, La Comedia

Andante e Volta e Dálle, o dragón de

lume do Topo Armonium e os xogos

malabares de Coté. Recuncho Infantil no

Cantón Claudino Pita e Praza do Campo,

tiovivo e caravana de burriños

De pe, no centro, Juan Suárez, rodeado dun grupo de amigos durante a homenaxe que recibíu

Juan Suárez recibe a Medalla

de ouro e brillantes do

Colexio Provincial de Médicos

A institución destacou o seu humanismo no trato aos enfermos,

a responsabilidade e a ética no exercicio da profesión

REDACCIÓN / Betanzos

O médico betanceiro Juan

Suárez Barros recibíu a medalla

de ouro e brillantes do

Colexio Provincial de Médicos

de A Coruña, nun acto ao que

asistiron un milleiro de persoas.

A institución médica distinguíu

a Juan Suárez coa medalla

de ouro e brillantes, entre

outras razóns, porque “encarna

os valores do humanismo

no trato aos pacentes, a responsabilidade

e a ética no

exercicio da profesión e o respeto

e a fraternidade cos compañeiros”,

tal e como destaca-

ba o comité de honores da institución.

Juan Suárez recibíu a distinción

de mans do Presidente da

Xunta de Galicia, Alberto

Núñez Feijoo no transcurso do

IV Encontro do Colexio Provincial

de Médicos de A Coruña.

Suárez lembrou aos asistentes,

entre os que se encontraban

compañeiros de profesión,

amigos, e novos facultativos

que se incorporan ao exercicio

da profesión médica, que “a

medicina require un gran

sacrificio e un esforzo continuado

porque un é médico as

24 horas do día e os 365 días

do ano”.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!