25.04.2013 Views

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

10 galicia

VEN.04.12.2009 < ADN/LV

>paísdegalegos

“Non volvín por Tui nin por

praia América; cambiou todo

moito e xa non me interesa”

MARIO CONDE

EX PRESIDENTE

DE BANESTO

> Mario Conde (Tui,

1948) pasa moitas

fins de semana na

antiga casa rural da

Cerca, no municipio

ourensán da

Mezquita, que

alugou por uns anos

Diario de Pontevedra Manuel Jabois

Presidente de Banesto aos 39

anos, sen descender dunha

liñaxe aristocrática, Mario Conde

protagonizou o ascenso social

máis salvaxe que alguén recorde

en España. E pechou a súa particular

epopea á altura dunha

traxedia clásica: entrando nunha

cela de Alcalá Meco a Noiteboa

de 1994. Nesta entrevista, o

ex banqueiro, na actualidade en

liberdade condicional, regresa

de golpe ás emocións da súa idade

dourada para recollerse logo

nunha retranca desesperada.

P ¿Traballou tanto para fracasar?

R De situacións como a miña,

con ese cambio social tan grande,

normalmente non se sae. A xente

morre. Morreu Mariano Rubio.

Morreu o presidente de Enron, o

de Parmalat. Outra xente transfórmase

psicoloxicamente. No plano

persoal eu non fracasei, todo o

contrario. Estar nun cárcere físico

é relativamente fácil: fai un pouco

de frío, pero arránxase.

P Tras a intervención de Banesto,

o 28 de decembro de 1993, pasou

vostede 15 anos en prisión.

R Quince anos da miña vida.

Mira: cinco anos para terminar

unha carreira, dous para ser avogado

do Estado, cinco traballando

na industria farmacéutica, seis en

banca. E quince, en prisión.

Conde transcendeu as fronteiras

do particular universo do

diñeiro e converteuse a principios

dos 90 nunha superestrela. Tivo o

impacto dunha banda de rock. Os

mozos quixeron ir estudar Dereito

a Deusto como el. A súa estética

de yuppie de traxes a medida

e o pelo con brillantina que

retratou unha xeración fixo que

non houbese ninguén en España

que non soubese quen era ese

galego que, con 40 anos, se atopaba

entre os seis banqueiros máis

importantes do mundo.

P ¿Que fixo con aquela vértixe?

Mario Conde aloumiña o seu can, na Cerca. > Yago Fernández Cabaleiro / Diario de Pontevedra

R Algo moi difícil: manter os meus

amigos, malia que entre nós había

unha separación descomunal. Eu

gañei unha enorme cantidade de

diñeiro coa venda de Antibióticos

[por 58.200 millóns] e despois

tiven unha posición tremenda

como presidente dun banco.

No recibidor da casa ourensá

hai unha fotografía súa co Rei, asinada

polo monarca, co que mantén

a relación. “Non o pasou ben

coa historia do banco, pero non

puido facer máis que o que dixo”.

Conde refírese a unha chamada

do monarca a Felipe González

para dicirlle que intervir Banesto

sería “unha tolemia”. González

respondeulle que non se metese

en asuntos políticos. Logo, o Rei

chamou a Conde o día da inter-

vención para dicirlle que “aos

bancos axúdaselles, non se lles

fai isto”. Así o relata o ex banqueiro

no libro Memorias de un preso,

que xa vai pola quinta edición.

A estratexia de expansión de

créditos de Banesto provocou,

segundo a inspección do Banco

de España, un desfasamento de

preto de 605.000 millóns de pesetas.

“Que non se fale da incompetencia

dos políticos españois.

Banesto intervense o día 28 de

decembro e, o día 30, celébrase

unha sesión parlamentaria á

que van os deputados de todos

os partidos políticos. En dous

días tiveron tempo para estudar

con profundidade os balances,

as contas de resultados dos bancos

e de formarse un xuízo. Xen-

“O cárcere é un

‘destruehomes”

P ¿Como é a prisión?

R O cárcere é un destruehomes.

Ves de todo. A xente está alí,

consome chinos... Eu fumaba

catro paquetes de tabaco

diarios. A primeira noite en

Alcalá Meco facía tanto frío que

non puiden nin encender un

cigarro.

En prisión, Conde tivo relación,

entre outros, co asasino

do rol. Conta que os vis a

vis eran “a fusión fría”. “Un

cuarto desanxelado e un

funcionario alí dicíndolle ao

que lle tocaba: “Veña, a foder,

e sen preparativos, que está

a esperar o seguinte”. Un día,

varios skins achegáronse a

un preso do seu módulo –“un

tío que probablemente non se

duchou en toda a súa vida”– e

dixéronlle: “Ou te duchas ti ou

te duchamos nós”. O tío acabou

coa roupa e todo baixo a auga

fría. ¿Sabes os

porcos nas matanzas aquí? Pois

que berros, que berros”.

Cando preparaba desde

o cárcere a defensa do caso

Banesto, unha trama repleta de

nomes, contas e traizóns nas

que el, como presidente, estaba

no centro de todo, Mario Conde

duchábase ás catro da mañá.

P E en auga fría...

R En auga xeada. E ódioo.

[Un día apareceu por alí un

preso que chegara por orde de

Garzón vinculado coa trama

financeira de ETA. Un problema

deixara a ducha sen auga

quente. O etarra non o sabía,

así que se meteu debaixo

e saíu dun salto. Ao ver a

Conde alí, coma se nada,

pensou que se trataba dun

privilexio do ex banqueiro. “¡E o

cabrón meteu a man!”. Non foi

a única experiencia de Conde

coa banda. Como encargado

de tomarlle a ficha aos reclusos

novos, o pontevedrés atopouse

facéndolle fotos a un etarra

que lle dixo que era o xefe do

equipo que se ía encargar del.

“Non me inmutei. Díxenlle: Moi

ben. Logo explícasmo”].

te que non se pon de acordo na

dirección Coruña-Madrid votou a

favor da intervención. “Aquilo foi

unha farsa. Estaba no guión”.

“Dixéronme: ‘vendes as túas

accións e pide que nomeemos un

presidente. Nomeámolo, cambiamos

o consello e en paz”. Díxollo

o número dous de Luis Ángel Rojo

no Banco de España. A proposta

escoitouna Conde en silencio.

“Entón o problema non é o banco,

senón eu”. E Martín respondeu:

“¿É que non te decatas de que es

ti?”. E así acabou unha vida Mario

Conde, e empezou outra.

P ¿Que foi o que máis lle doeu?

R Cando en 2002 tiven que explicarlle

á miña muller, aos fillos e

aos amigos nuns minutos, porque

iso foi o que me deron, un con-

cepto novo: 20 anos no cárcere. É

unha cifra monstrosa. Pensei que

non os volvía ver.

P Houbo un tempo no que se creu

que vostede tiraría da manta.

R Unha bobada. Entre os anos 88

e 96 pasan cousas en España que

non se saben e que non se escribiron.

Iso desemboca en dous acontecementos

que están ligados

entre si. Un é a intervención do

banco e outro, a vitoria de Aznar.

Da intervención de Banesto ninguén

quere falar. Ese momento

clave da historia de España encadea

unha serie de movementos

subterráneos e termina nunha

vitoria moi complicada de Aznar

por uns poucos votos.

P A xente percibe que aquilo foi

denso politicamente falando.

R Aí houbo unha traizón, un pacto

entre a dereita e a esquerda que

non puido ser máis que fraudulento,

cunha finalidade. Os detalles

van ir saíndo aos poucos.

P ¿Que pasou?

R Que Aznar era unha persoa que

perdera dúas eleccións e da que

se cría que non valía. E González

xa tivera a crise de Guerra, empezaba

cos GAL e gañara sen maioría.

Dous troncos que caen, se se

atopan no camiño, sostéñense. E

Felipe pensou que non tiña que

intervir o banco, que eu ía coller

o diñeiro e irme. Que foi o que me

ofreceron, nunha palabra.

Conde aprobou co número un

as oposicións ao corpo de avogados

do Estado aos 24 anos. Ten a

mellor nota da historia de España.

“Preguntei canto tempo se tardaba

en sacar esas oposicións e

dixéronme que entre catro e cinco

anos. Preguntei canto se estudaba

e dixéronme que seis ou sete

horas ao día. Así que me puxen

a estudar catorce horas durante

dous anos. Desde as cinco da

mañá ata as sete da tarde. E ás

sete, a dar temas”, lembra.

P Malia que a familia da súa muller

tamén era galega, vostedes nunca

frecuentaron Galicia...

R Cando estaba no banco pregunteille

se quería recuperar o pazo

do seu bisavó, que podiamos

recomprar, pero non lle interesou.

Non sei se Lourdes lle colleu un

pouco de teima a Galicia.

P Desde a voda volveron moi pouco.

R Nin praia América, nin Tui. Non

me gusta. O subconsciente almacena

uns recordos e estes remiten

a unhas emocións. Se ves que se

produce un choque entre ambos...

Non me interesa. Trouxen os fillos

cando eran pequenos, porque son

galegos aínda que non nacesen

aquí. E ao meu pai quíxenlle buscar

unha casa en Galicia, mais

morreu, e si que lla atopei, pero

un panteón en Tui.

Conde ten un pastor alemán ao

que chama Clinton. “Estou a educalo”,

di para xustificar os berros

que solta cando o can saúda

subíndose aos seus invitados. O ex

banqueiro quixo volver á súa terra,

pero non ao seu municipio. Á súa

chegada á Cerca, en Chaguazoso,

organizou unha comida para

a aldea, na que viven algo máis

de medio centenar de persoas.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!