25.04.2013 Views

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

galicia

12 VEN.04.12.2009 < ADN/LV

Antonio Caamaño pesa unha centola na praza de Santiago. > LV

“Esta semana xa se nota

unha suba das vendas”

ADN-LV

Antonio Caamaño, de

Muros, é dos que xa notou

o aumento de clientela en T.

Vilanova, na praza de Santiago.

“Esta semana levamos

uns días xa de moita venda”,

que considera que é “porque

despois sobe bastante

o prezo”. A pescada segue a

ser a raíña das vendas, “aínda

que para o Nadal a xente

tamén leva moito badeixo,

sargo, robaliza e dourada”.

Cando o mar ofrece o mellor de si

> Moitos galegos adiantan xa as súas compras para o Nadal para aforrar algo ou evitar apuros de última hora

ADN-LV

Os galegos comezaron xa esta semana

as compras do peixe e o marisco

para as celebracións do Nadal, unha

práctica, a de adiantar a visita ás

peixerías, que ten un dobre obxectivo:

por un lado, aforrar uns cartos

pola suba de prezo que experimentan

sempre as especies nas datas

claves –Noiteboa e Fin de Ano–; e

polo outro, evitar sustos de última

hora e quedar sen o produto.

A tendencia xeral no que vai de

mes fala dun incremento da actividade

nas prazas de abastos e peixerías,

tanto en compra para conxelar

despois como en encargas para

final de mes, aínda que son moitos

os que din que a crise se nota. “O

prezo este ano, ata agora, é normal.

Como sempre. E penso que pouco

van subir este ano de cara ao Nadal”,

dicían onte mesmo algúns vendedores

na praza de Santiago.

Outros, pola contra, cren que

nestas datas non se mira o peto,

xa que é “unha vez ao ano”. Por iso,

prefiren agardar e comprar ao final,

“custe o que custe”. Adiantar a compra

significaría, en moitos casos,

perder calidade, xa que “uns días

de conxelador nótanse bastante” á

hora de comer.

Nun dos postos dedicado en

exclusiva á venda de marisco, a

súa responsable aseguraba que

hai determinadas especies nas que

>asíoven

Un posto ben fornecido de marisco na praza de abastos de Pontevedra, con moluscos e bivalvos galegos de boa calidade. > DdeP

>osmáiscaros

odíaennúmeros

146

euros o quilo custou o

CAMARÓN en Burela

en decembro de 2008

Precisamente estas dúas

últimas especies pódense

atopar de piscifactoría ou

de pesca extractiva da costa

galega, pero a xente, coa

axuda da etiquetaxe e o costume,

empeza a distinguir.

“Cada vez hai máis xente

que entende”, afirma, “pero

tamén hai outra xente á que

tes que aconsellar. Diría que

máis ou menos un 50 por

cento sabe realmente o que

compra e o que quere”.

odíaennúmeros

139

euros o quilo valeu o

PERCEBE en Malpica

a Fin de Ano pasada

José Luis Chaves amosa unha pescada en Peixería Grallal. > José Mª Álvez

“A xente distingue o que é

de fóra e o que é galego”

ADN-LV

José Luis Chaves, de Peixería

Grallal, en Viveiro (Lugo),

é dos que recomenda que

non se compre antes das

datas de Nadal por aforrar.

“Total, a diferenza é pouca,

xa que na maioría dos casos

se trata de pouca cantidade

de produto e o prezo tampouco

sobe tanto”. Iso si,

“varios días de conxelador

nótanse na calidade despois

á hora de comer”.

respectopolomar

odíaennúmeros

119

euros o quilo custou

o SANTIAGUIÑO en

Burela o 24 e o 31

Na súa peixería de Covas

empeza a notar o aumento

de venda polo Nadal. ¿E

o prezo? “Similar a outros

anos ou incluso algo máis

baixo”, a causa da crise.

Sobre os produtos estrela,

pois o clásico: pescada

e rape mandan en peixes e

centola e ameixa no referido

aos mariscos. E ao tratarse

dun porto de mar, a xente

“distingue ben o que é de

fóra e o que é galego”, di.

odíaennúmeros

116

euros o quilo se

pagaron pola CIGALA

en Marín en Noiteboa

Ana María coloca o marisco que ten para vender. > LV

“Hoxe teño nécora a 12

euros; logo estará a 30”

ADN-LV

Desde o local de Peixería Ana

María, na praza de abastos de

Santiago, a súa responsable

nota xa un leve incremento

das vendas para o Nadal,

“pero é cedo. Será xa máis a

partir da próxima semana”,

augura. Ela entende que se

compre antes: “Teño nécora

a 12 euros –onte–. Os días

antes de Noiteboa ou Fin de

Ano, se é que a damos conseguido,

pode chegar aos 30

esa diferenza de calidade se nota

menos. “O camarón, por exemplo,

a xente lévao agora porque non perde

moito conxelado. Pero iso é algo

que non se pode facer coas ameixas,

que non se aguantan”.

RESPONSABILIDADE DE TODOS

Centolas do Grove, nécoras da ría,

percebes da Costa da Morte, camarón

de Burela, pescada de Celeiro,

rape da Coruña, ameixas de Carril,

cigalas de Marín... son parte da tradición

do Nadal en Galicia. O sector

pesqueiro da comunidade é capaz

de fornecer o mercado de todos eles

–excepto que estean en veda, como

o caso da lagosta ou o lumbrigante–.

Por iso, a etiquetaxe é fundamental

e nela debe aparecer detallada a

especie, a procedencia e o modo de

captura. Á hora de comprar, o cliente

debe fixarse ben. ¿Pero por que?

Porque o consumo de produtos

do mar de Galicia contribúe a dignificar

o labor pesqueiro e axuda

milleiros de familias que dependen

do mar para sobrevivir, xa que para

eles o Nadal tamén é unha das datas

fortes a nivel de ingresos. A invasión

de especies de fóra supón, en

moitos casos, competencia desleal,

sobre todo no marisco e na pescada,

especies raíñas do Nadal, ao sobredimensionar

a oferta e tirar os prezos

polo chan. Ademais, son de peor

calidade que o made in Galicia.

euros. É un bo aforro”. Ata

se atreve a dar un consello:

“Hai marisco que se compra

agora e, para que non perda

ao conxelalo, hai que cocelo

só á metade. Despois, sácase

do conxelador o día que se

vai comer e cócese a outra

metade de tempo. Listo”.

Sobre os gustos da xente,

a súa clientela non está definida.

“Levan de todo: nécora,

percebe, cigala, pescada,

rodaballo, centola...”.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!