25.04.2013 Views

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

20 deportes

VEN.04.12.2009 < ADN/LV

FÓRMULA UN

BMW Sauber estará

na grella de 2010

BMW Sauber AG quedou inscrita

no Mundial de Fórmula

Un de 2010 en lugar da retirada

Toyota, segundo informou

a FIA. Deste xeito Sauber,

que comprou a estrutura da

escudería a BMW coa condición

de obter unha praza na

grella, será o décimo terceiro

equipo no próximo campionato.

A inscrición definitiva

está a expensas de que asine

o Acordo da Concordia.

CICLISMO

Armstrong carga de

novo contra Contador

Lance Armstrong volveu falar

da súa mala relación co seu

ex compañeiro de equipo

Alberto Contador e afirmou

que “non era inventada”. “Era

todo real; aí están as probas”

di agora, aínda que outras

veces si asegurara que inventaran

algún conflito. E seguiu:

“Non é ningún segredo que

non somos amigos. É a típica

historia: un mozo novo, con

toneladas de éxito...”.

FÚTBOL

Actívase a campaña

‘Celeste Solidario’

A Fundación Celta de Vigo

presentou a campaña Celeste

Solidario, coa que se queren

incentivar as doazóns de

comida ou xoguetes no Nadal,

a cambio de entradas para o

Celta-Elche de Liga. A responsable

da Fundación, Carmela

Cuevas, amosouse confiada

en poder superar a recadación

do pasado ano, que tivo

unha resposta “exemplar”.

O Barça humilla o

Fenerbahce turco

e é o único equipo

invicto na Euroliga

ADN-LV

O Barça pasou onte por riba

do Fenerbahce turco (89-55) e

sumou a súa sexta vitoria consecutiva

na Euroliga, sendo o

único equipo invicto na máxima

competición continental.

Desde o primeiro minuto

non houbo partido, porque o

equipo de Xavi Pascual soubo

impor rápido a súa maior calidade

tanto en ataque como en

defensa. De feito, os visitantes

só foron quen de anotar seis

puntos en dez minutos.

LAGÚN ARO 84-BILBAO 78

E na ACB, onte xogouse o partido

adiado no seu día pola gripe

A, o derbi vasco entre Lagun

Aro e Bilbao Básket, que rematou

84-78 para os locais.

odíaennúmeros

30

ANOS É A IDADE COA

QUE A TENISTA GALA

AMÉLIE MAURESMO

DECIDIU RETIRARSE

A mellor raqueta francesa

dos últimos anos gañara

o Open de Australia e

Wimbledon no ano 2006

¿sabíasque...?

A UCI empezou

a programar

a retirada do

‘pinganillo’ que

usan directores de

equipo e ciclistas

A desaparición será progresiva

ata 2012, cando tentarán que

non se use en ningunha proba

O XXIII Trofeo Alejandro Febrero, este domingo en Vigo

Este domingo celébrase no Club Náutico de Vigo o XXIII Trofeo de

Nadal de Natación Alejandro Febrero, o que foi o primeiro nadador

olímpico do club. Máis de 350 nadadores de 17 clubs de toda

Galicia enfrontaranse na cidade olívica na que será a participación

máis numerosa da historia deste trofeo. A proba é a antesala dos

campionatos galegos absolutos, que se celebran este mesmo mes

en Santiago de Compostela. > LV

Stanic ve “importantísmo”

para o Obradoiro gañarlle

este domingo ao Lagun Aro

EFE

O xogador do Xacobeo Blu:sens

Obradoiro Maximiliano Stanic asegurou

que xa miran “a San Sebastián”

porque “é importantísimo

tratar de gañar alí” o domingo.

O base, que cumpriu 31 anos

o mércores, ten claro que deben

centrarse no Lagun Aro, un rival

canso, porque virá de xogar o partido

aprazado no seu día pola gripe

A ante o Bizkaia Bilbao Basket.

“Temos que tratar de corrixir os

erros cometidos ante o Valencia e

pensar xa no próximo partido; xa

miramos a San Sebastián; é importantísimo

tratar de gañar alí”, dixo.

Stanic comentou como se

atopou ao longo dos máis de 32

minutos que xogou ante o Power

Electronics Valencia: “Paguei

un pouco o cansazo fallando ao

final dous tiros claves que podería

meter, o último tamén, pero

intentando dar o máximo”.

Ademais, fixo un balance do

que vai de tempada. Tras 10 xornadas

nas que se consolidou

como director de xogo, deixando

un gran sabor de boca, cre que

o seu xogo foi “mellorando” en

paralelo ao do equipo.

Para rematar, dedicoulle unhas

palabras á situación do equipo: tres

vitorias e sete derrotas e é décimo

sexto na táboa, no último posto dos

que conservan a categoría: “Temos

que pensar sempre en ter dous

equipos por detrás; agora témolos

e debemos continuar así, sempre

sabendo que o noso obxectivo principal

é estar un ano máis na ACB”.

Asalto á

Ensaladeira

> Rafa Nadal abre a final da Copa Davis

contra Tomas Berdych e despois David

Ferrer enfrontarase a Radek Stepanek

ADN-LV / Axencias

Rafa Nadal abrirá hoxe ás 16.00

horas a final da Copa Davis contra

o checo Tomas Berdych no Palau

Sant Jordi de Barcelona. Despois,

será a quenda de David Ferrer contra

Radek Stepanek, segundo deparou

o sorteo.

Mañá sábado, a partir das 16.00

horas, xogarase o partido de dobres

con Feliciano López e Fernando Verdasco,

que se medirán a Jan Hajek e

Lukas Dlouhy, que finalmente saltarán

á pista, aínda que todo apuntaba

a que serían Berdych e Stepanek

os que tamén xogarían ese punto.

O domingo, a partir das 12.00

horas, enfrontaranse os números

un, Nadal e Stepanek, e pecharán

a eliminatoria os números dous,

Ferrer e Berdych. Os capitáns pode-

“¿PROBLEMAS?

VERÉMOLO A

PARTIR DE MAÑÁ

[POR HOXE]. O

ÚNICO QUE ME

IMPORTA É GAÑAR

A COPA DAVIS”

Rafa Nadal

rían introducir modificacións ata

unha hora antes dos partidos.

O número un do equipo español

de Copa Davis, Rafa Nadal –segundo

no ránking ATP–, en-frontarase no

primeiro partido co número dous

do equipo checo, Tomas Berdych

–número 20 mundial–, no que será

o seu noveno enfrontamento, cun

balance favorable ao de Manacor

con cinco vitorias sobre tres do checo.

No último, saíu vencedor Rafa

Nadal.

David Ferrer, que ocupa o posto

18 do ránking, foi o escollido

por Albert Costa para ser o número

dous da armada e medirase ao

número un do equipo checo, Radek

Stepanek. Os seis enfrontamentos

entre Ferrer e Stepanek repártense

en tres vitorias cada un.

Vitorias de Marc Gasol e

Sergio Rodríguez na NBA

e derrota dun bo Calderón

ADN-LV / Axencias

Non houbo protagonismo dos

españois na NBA, aínda que Marc

Gasol e Sergio Rodríguez gozaron

da vitoria, o contrario do que lle

sucedeu a José Manuel Calderón,

que fixo o seu traballo, pero non

puido evitar a derrota.

Os Grizzlies de Marc Gasol

gañaron 95-97 ante os Minnesota

Timberwolves, no duelo de perdedores

do Oeste. Marc estivo

mellor no apartado defensivo.

No outro partido con vitoria

española, Sergio Rodríguez

xogou 15 minutos cos Kings ante

os Pacers de Indiana (110-105).

Calderón viviu unha das

peores derrotas desde que chegou

aos Raptors, que perderon

por malleira (146-115) ante os

“IMPORTA POUCO

QUEN XOGUE.

TODO O EQUIPO

ESPAÑOL ESTÁ A

UN GRANDÍSIMO

NIVEL. TEREMOS QUE

RENDER AO MÁXIMO”

Radek Stepanek

Un lance do partido dos Raptors. > EFE

Atlanta Hawks. O base estremeño

loitou e fixo o seu traballo,

pero unha vez máis a defensa

dos Raptors, a segunda peor da

Liga, non estivo acertada.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!