25.04.2013 Views

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

14 españa VEN.04.12.2009 < ADN/LV

Fernando Silva Sande, onte. > EFE

Silva Sande

desmárcase dos

Grapo e cualifícaos

de “terroristas”

Axencias

O ex dirixente galego dos Grapo

Fernando Silva Sande desmarcouse

onte por primeira vez desta

organización, á que cualificou de

“terrorista”, afirmando: “Non son

inocente, porque fun o bastante

parvo para militar nunha organización

terrorista”, no xuízo pola

colocación de explosivos en dúas

torres de transmisións en 1998.

Ademais, explicou que as súas

declaracións eran hoxe diferentes

porque en 2000, cando foi detido,

“aínda tiña fe na seita e no líder”.

Ante isto, outra das procesadas,

María Victoria Gómez Méndez,

que tamén integraba os Grapo,

interrompeuno ao berro de “¡que

covarde es, recoñece as túas responsabilidades,

covarde!”.

Solicitan 220 anos para os

dous piratas do ‘Alakrana’

> Máis da metade dos españois, a favor de

pagar un rescate aos piratas se é necesario

Axencias

A Fiscalía solicitará 220 anos de

prisión para cada un dos dous

piratas que foron detidos pola

Armada española e trasladados a

Madrid a instancias do xuíz Baltasar

Garzón.

O maxistrado atopábase de

garda, pero o asunto está dirixido

polo xuíz Santiago Pedraz.

O pasado 17 de novembro, o

xuíz ditou auto de procesamento

contra Abdu Willy e Adj Haman,

ao imputarlles os delitos de detención

ilegal, roubo con violencia e

uso de armas.

Unha vez liberados os tripulantes

do Alakrana, entre os que

había oito galegos, o xuíz Pedraz

trasladouse a Bilbao e Vigo para

interrogalos e, ao mesmo tempo,

mostrarlle fotografías dos piratas,

que non foron recoñecidos.

O fiscal interpreta que isto é

normal, tendo en conta o estado

de nerviosismo dos mariñeiros e o

feito de que fosen sesenta os piratas

que interviñeron no secues-

tro, ao que hai que engadir que os

piratas eran todos iguais aos ollos

dos tripulantes.

O xuízo, probablemente, non se

celebrará ata o mes de febreiro.

A PROL DO PAGAMENTO O 53%

O 53 por cento dos españois considera

que, ante un secuestro

como o vivido polo Alakrana no

Índico, o máis acertado é negociar

e, se é necesario, pagar un rescate,

fronte ao 24 por cento que é partidario

de non negociar e usar a

forza se se ve conveniente.

Este é un dos principais resultados

da sondaxe realizada polo

Real Instituto Elcano tras a liberación

do pesqueiro vasco, que

revela tamén que o 60 por cento

dos cidadáns está satisfeito co

desenlace do secuestro.

Tras destacar que a maioría dos

enquisados apoia pagar o rescate,

o investigador Javier Noya aclarou

que esa opinión non pode extrapolarse

ao secuestro dos cooperantes

en Mauritania.

MAURITANIA

Moratinos pide

non dar pistas aos

secuestradores

O ministro de Asuntos

Exteriores, Miguel Ángel

Moratinos, pediu onte

“prudencia e discreción”

sobre as investigacións

do secuestro dos tres

cooperantes en Mauritania

ao considerar que en

caso contrario se estaría

a dar pistas aos raptores

como se deron aos piratas

do Alakrana.

BALEARES

Dimite un conseller

que está imputado

O conseller balear de

Turismo, Miquel Nadal,

comunicou onte ao xefe

do Executivo autonómico,

o socialista Francesc

Antich, a súa decisión

“irrevogable” de dimitir

de todos os seus cargos.

Nadal está imputado

por corrupción na venda

dun soar en Palma e

noutra causa.

Quintana, a prol dunha

proposta antipiratería

consensuada en Galicia

A conselleira do Mar, Rosa

Quintana, propuxo onte ao

Parlamento constituír un

grupo de traballo dos tres

grupos políticos para expor

“unha solución acordada ante

o problema da piratería” para

implicar a Goberno español

e UE na protección da frota

galega no Índico. Debullou

as actuacións da Xunta no

secuestro do Alakrana, entre

as que subliñou o “apoio

constante” ás familias dos

oito galegos ou a posta a

disposición destes dun avión

e de automóbiles.

¿sabíasque...?

España dá

por pechada a

opción de que

Haidar obteña

o pasaporte

marroquí

MADRID

Desbloqueo a Caja

Madrid no xulgado

O xulgado de primeira

instancia número 60 de

Madrid decidiu levantar

a suspensión cautelar

das eleccións de Caja

Madrid, polo que o proceso

na entidade, paralizado

desde principios

de outubro, se poderá

retomar.

MADRID

Pide disculpas un

bispo pola misa con

bandeira franquista

O bispo de Alcalá de

Henares, Juan Antonio

Reig Plá, pediu onte

desculpas aos fieis que

se sentiron ofendidos

por que o domingo dera

unha misa cunha bandeira

franquista no altar

e dixo que non sente

identificado coas ideas

que representa.

>aregueifa

P

XABI

ARIAS

www.l-v.es

FIDELIDADE

or inconcibible que

resulte e por moitas

voltas que se lle dea,

está máis que demostrado

que o eleitorado “de

dereitas” ten unha capacidade

infinita de tolerancia,

absorción intestinal e

paciencia eterna cos seus

líderes que ben podería

dar para unha análise

dabondo profunda e moito

máis ambiciosa que esta

columna.

Así como a pseudoesquerda,

representada parlamentariamente

no PSOE,

resiste peor os embates e

delirios ideolóxicos (ora

poño unha candea a Deus,

ora ao diaño), o principal

partido da oposición (ergo

PP) ten manga larga para

facer e desfacer ao seu

antollo. Mesmo cos caponazos

e tiróns de orellas

de rigor dos Losantos e

compañía, pero velaí está,

con enquisas abraiantes

de maiorías absolutas en

Valencia (total, unha minucia

o dos traxes e demais

trapicheos de Camps); a

Espe en Madrid, con privatización

da sanidade incluída;

Fabra en Castelló e por

suposto Rajoy, o home dos

“fiíños de plastilina” e o do

“coñazo do desfile da Hispanidade”,

e Feijóo, do cal

algún lector do LV xa afirmou

que “en dous meses

baixou o paro... xa se nota a

man do novo presidente”.

Iso significa que nada

perturba as tropas conservadoras,

fortemente arraigadas

nos seus parámetros

ideolóxicos (lembremos o

patriotismo constitucional)

e firmemente convencidas

das bondades neoliberais.

Aínda que sexa a costa de

mirar para outro lado cando

de avaliar líderes e ideas

se trata. Moi triste.

¿sabíasque...?

Acebes reúne

nunha cea a

Rajoy e Aguirre

Foi para celebrar os 4

anos do accidente de

helicóptero en Madrid

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!