25.04.2013 Views

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

galicia

Achan preto da casa o cadáver da moza

de 17 anos desaparecida en Redondela

> A busca no monte durou media hora porque os veciños foron directos ao sitio onde

viran un coche sospeitoso a noite antes > O corpo non presentaba signos de violencia

ADN-LV / Diario de Pontevedra

A aparición do corpo sen vida da

moza Alejandra Soto Alján á primeira

hora da mañá de onte frustrou

todas as esperanzas dos veciños

do Viso (Redondela) de atopar

sa e salva a moza, que faltaba da

súa casa, en Saramagoso, desde o

martes ás 19.30 horas.

Ás 09.40 da mañá, nin media

hora despois de que se puxeran en

marcha os cinco grupos de busca

repartidos pola zona, paralizábanse

os traballos. Unha das expedicións,

integrada por dous policías

e sete civís, daba a voz de alarma.

A menos dun quilómetro da súa

casa xacía Alejandra, segundo as

primeiras apreciacións, coa mesma

roupa que levaba o martes, o

móbil e outros aveños. Non había

evidencias de violencia.

“Estaba tombada boca arriba,

como a puxeran alí. Na zona había

un desnivel dun metro, pero non

parecía que caera”, conta Carlos

Martínez, o veciño que a atopou. O

achado, apenas 25 minutos logo de

iniciarse a procura, non foi casual.

“Fomos pola zona onde viran saír

un coche en actitude estraña o día

anterior. Vimos o camiño que saía

da pista forestal e decidimos que

tamén había que seguilo. Fomos

un municipal, unha veciña e eu,

e a uns metros vimos onda un

piñeiro todo colocado: a cazadora,

o móbil cos cascos, unha lanterna

e un botello de auga”.

Nunha zona na que os veciños

din que había pisadas, “andivemos

un pouco e xa atopamos o corpo”,

indicou Carlos Martínez, que se

achegou para tapar o corpo coa

Dous mozos dentro

dun coche gris que

levantou a sospeita

dun grupo de busca

ADN-LV / DdeP

En contra da tese de que se tratou

dunha morte fortuíta, os testemuños

veciñais seguían recordando

que un coche gris, con dúas persoas

dentro, foi a principal pista

que os levou ao paradoiro do corpo.

O turismo volvía do lugar, con

dúas persoas dentro, o mércores

pola noite, e deu a volta ao ser

divisado por un grupo de procura

que rastrexaba esa zona.

Dentro puideron ver dous

mozos, un deles “con melena”,

indicaron algúns veciños, que

ademais insistiron en que xusto

nesa tarde pasaran polo lugar

onde despois foi achado o corpo

e non o atoparon.

súa cazadora e evitar a visión terrible

ao resto dos veciños. El sostén

que os expertos deben dicir se a

moza presentaba signos de violencia

ou non, “aínda que eu sei perfectamente

que tiña parte da cara

como inchada, dun xeito estraño,

e non podía ser de estar apoiada

contra ela ou de caer”.

DÚAS VERSIÓNS OPOSTAS

A apreciación de Carlos foi a

que motivou que, desde o primeiro

momento, se estendese a

idea de que a moza recibira unha

morte violenta. Algo que, tras a

chegada dos efectivos da Policía

científica, se desmentiu desde a

Subdelegación e a Delegación do

Goberno. Tanto Delfín Fernández

como Antón Louro manifestaron

que non había detencións e que

a primeira ollada non se podía

determinar a presenza de signos

de violencia.

Versión esta que contrasta coa

dos veciños que a acharon. “Din

que levaba uns leggins e cazadora,

unha saia escocesa e botas. Eu

non sei se estaba calzada ou non,

pero a saia non a levaba”, relata o

veciño que a achou.

A versión de Carlos, a do seu

acompañante Serafín Rivas e a de

Nieves Pintos, os tres primeiros en

chegar ao lugar, foi recollida polos

investigadores, cuxos traballos se

prolongaron ata pasada a unha da

tarde, momento en que se procedeu

ao levantamento do cadáver.

Instrúe o caso un dos xulgados

de Redondela, e o corpo permanece

no Hospital Nicolás Peña vigués

para practicarlle a autopsia.

A familia agradece o

“traballo eficaz” da

Policía e dos amigos

Unha curmá da moza

exerceu onte de portavoz

da familia para ler un

conciso comunicado co

que agradeceron “o traballo

eficaz” dos corpos de

seguridade e o esforzo “de

todas aquelas persoas que

se mobilizaron para buscar a

Alejandra, á xente nova,

en especial aos seus

compañeiros de instituto, aos

veciños, Protección Civil e

á Policía Local”. A portavoz

pediu respecto para a dor da

familia, que está á espera

de que a informen dos

resultados da investigación.

O comunicado non facía

ningunha referencia a que a

morte da moza fora violenta.

Unha furgoneta traslada o cadáver de Alejandra pouco despois de ser achado (arriba);

os dous veciños que atoparon o corpo (centro); e Celso, o pai da vítima, recibindo

unha das numerosas mostras de apoio ao longo do día de onte. > Salvador Sas / EFE

ADN/LV > VEN.04.12.2009

5

Lugar do monte no que apareceu. > S. Sas

A Policía achou xusto

a carón do corpo o

móbil, roupa e quizais

un bote de pílulas

ADN-LV / DdeP

Se o martes a precipitada desaparición

da moza –calcúlase que ás

sete e media da tarde– parecía moi

vinculada a unha chamada que

recibira e a un diálogo no ordenador

co Messenger, onte eran os

obxectos aparecidos no lugar onde

acharon a moza os que daban un

xiro á investigación.

A Policía investigou o PC e o

móbil, apagado desde a súa desaparición,

e onte acharon colocados

xunto a un piñeiro, a escasos

metros do corpo da moza, o teléfono

móbil cos seus cascos, coma

se estivese a oír música, a súa cazadora,

unha lanterna e un botello

de auga. Tamén trascendeu que se

achou un blíster de pílulas, o que

abre a porta á tese do suicidio.

Os amigos choran a Alejandra. > S. Sas

“O único que puido

pasar foi que un

cabrón a collera, a

violara e a matara”

ADN-LV / DdeP

As caras xuvenís empapadas en

bágoas contábanse por decenas

onte na contorna da igrexa

parroquial. Un autobús deixara

os compañeiros de clase –cursaba

segundo de bacharelato no antigo

instituto Rosales I de Vigo–, porque

ían participar na busca, pero

apenas tiveron tempo para atopar

a súa amiga con vida.

Todos choraban a moza, que

era descrita dun modo idéntico

unha e outra vez. “Era unha nena

boa, só iso. Non puido facerse

nada. O único que puido pasar é

que algún cabrón a colleu, a violou

e a matou”, explicaba unha

destas mozas, Fany D., tamén

menor de idade. “Só quería estudar

para irse a Santiago a facer

unha carreira”.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!