25.04.2013 Views

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

8 galicia

VEN.04.12.2009 < ADN/LV

Vedra elixe mañá

o gañador do

concurso de fotos

sobre emigración

ADN-LV

O próximo 5 de decembro, o

Concello de Vedra (A Coruña)

entregará os premios do concurso

fotográfico Centenario

das sociedades de emigrantes

de Vedra en Bos Aires. No

mesmo acto, o alcalde, Odón

Cobas, inaugurará a exposición

das 23 fotografías finalistas

e presentará o catálogo da

devandita exposición.

O concurso, centrado no

tema emigración ou inmigración

está enmarcado nos actos

de celebración do centenario

das sociedades de emigrantes

en Bos Aires, e contou cun

alto índice de participación. E

é que en total presentáronse

130 fotografías de 54 autores

distintos, chegadas desde

Galicia e o estranxeiro.

Preacordo no

sector do comercio

en Pontevedra

Axencias

Os sindicatos e a patronal

do sector do comercio e a

alimentación de Pontevedra

chegaron a un preacordo na

negociación do convenio

colectivo na provincia. Este

tería unha vixencia de 3 anos e

unha subida lineal de 25 euros

mensuais cada ano.

O Porto de Ferrol

celebrará en 2010

o seu centenario

Axencias

A Autoridade Portuaria de

Ferrol-San Cibrao celebrará en

2010 o centenario da súa constitución

con actos orientados

a estreitar lazos cos cidadáns e

a achegar as instalacións portuarias

aos ferroláns, a través

de visitas guiadas, exposicións

e coloquios.

A Coruña remite

ás asociacións

veciñais o PXOM

Axencias

O responsable de Urbanismo

do concello herculino, Obdulia

Taboadela, entregou á presidenta

da Federación de Asociacións

de Veciños da Coruña

a documentación do PXOM

aprobado o martes. Taboadela

propuxo fixar un calendario

para explicar o plan barrio por

barrio.

O ex futbolista Donato e o concelleiro coruñés De Dios, en cadeira de rodas por un día

O ex xogador do Deportivo Donato e o concelleiro da Coruña Juan de Dios participaron onte no centro

comercial Dolce Vita nun acto especial con motivo do Día Mundial da Discapacidade para concienciar sobre

esta realidade. Tras chegar ao centro en autobús subidos a unha cadeira de rodas e acompañados de dous

discapacitados, ambos os dous cualificaron a experiencia como “unha das máis difíciles” da súa vida. Xa no

Dolce Vita, nenos de varios colexios realizaron un circuíto con obstáculos para ver como viven as persoas

con algún tipo de discapacidade e visionaron vídeos sen son, coa linguaxe dos xordos. > LV

Mato di que o borrador do

plan de acción integral

está “moi avanzado”

A conselleira de Traballo e Benestar,

Beatriz Mato, asegurou onte

que o borrador do primeiro plan

de acción integral para persoas

con discapacidade de Galicia está

“moi avanzado”. A conselleira fixo

este anuncio con motivo do Día

Internacional da Discapacidade,

no que acudiu á reunión do consello

do Real Patronato sobre Discapacidad,

que estivo presidido

pola raíña Dona Sofía. > EFE

Entrega de diplomas

en Pontevedra e maratón

solidario en Ferrol

A Deputación de Pontevedra recoñeceu

onte o labor das asociacións

que traballan con discapacitados

na provincia –na imaxe–,

mentres que en Ferrol, Concello

e entidades sociais promoveron a

primeira Marcha pola Visibilidade

no Día da Diversidade Funcional.

Unha vintena de entidades explicaron

no Cantón a súa actividade

e propuxeron á cidadanía varios

talleres interactivos. > DdeP

Superpiñeiro e Pilar

Valero, a favor dun Vigo

accesible para todos

A concelleira de Benestar Social

de Vigo defendeu a necesidade

de concienciar a cidadanía para

lograr que Vigo sexa unha cidade

máis accesible. Resaltouno nos

actos celebrados con motivo do

Día da Discapacidade, que incluíu

un percorrido en cadeira de rodas

no que participaron, entre outros,

a deportista Pilar Valero, o presentador

Superpiñeiro e a xornalista

Noelia Otero. > LV

PONTEVEDRA

Casal non rectificará

as súas declaracións

sobre Telmo Martín

A portavoz municipal socialista

de Pontevedra dixo que

non ten intención de rectificar

ante a denuncia do portavoz

do PP por calumnias

e inxurias pola que lle reclama

unha indemnización de

50.000 euros por ofensas

e menoscabos á honra, ao

relacionalo co caso Gürtel.

VIGO

A Xunta disporá en 15

meses dos terreos da

Cidade da Xustiza

O alcalde de Vigo asegurou

onte, tras reunirse co xuíz

decano, que o Concello

porá a disposición da Xunta

os terreos para construír a

Cidade da Xustiza nun prazo

de 15 meses. Caballero

informou de que as expropiacións

afectarán “25 ou

30” vivendas unifamiliares.

FERROL

Irisarri distingue cuns

premios o labor dos

novos empresarios

O Concello de Ferrol e a Asociación

de Novos Empresarios

de Ferrol, Eume e

Ortegal entregaron onte a

primeira edición dos Premios

Ferrolterra Emprende,

coa que distinguiron os

emprendedores da comarca.

Recoñeceuse o traballo

dunha empresa xa consolidada

e novos proxectos.

OURENSE

Máis do 84% dos

fogares adaptaron a

súa antena para a TDT

Máis do 84% dos fogares

da provincia de Ourense xa

adaptaron a súa antena para

a transición da televisión

analóxica á TDT, segundo

revelou onte Rafael Chavarri,

portavoz de Rede.es,

ente dependente da Secretaría

de Estado de Telecomunicaciones

para la Sociedad

de la Información.

A CORUÑA

A cidade será a última

escala da despedida

do ‘Saga Rose’

O transatlántico Saga Rose

despídese hoxe do porto da

Coruña na que será a última

escala da súa viaxe de despedida

antes de volver ao seu

porto base, Southampton,

en Inglaterra, onde se retirará

tras 24 anos de servizo.

O buque chegará a primeira

hora da mañá e abandonará

a cidade ás 19.00 horas ao

ritmo das gaitas, xa que será

despedido por un grupo.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!