25.04.2013 Views

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

16 mundo VEN.04.12.2009 < ADN/LV

ITALIA

Detidas dúas mestras

por maltratar nenos

A Policía italiana detivo

dúas mestras dunha gardería

de Pistoia (centro de

Italia) por castigar e pegar

a nenos e bebés de poucos

meses, tal e como mostraron

algúns vídeos gravados

con cámaras ocultas. Obrigábanos,

ata, a comer o

seu propio vómito. Un pai

sospeitou cando viu que o

seu neno choraba cando o

deixaba na gardería.

EE UU

Executan un reo 29

anos logo do crime

Cecil Johnson, de 53 anos,

foi executado onte nunha

presión de Ténese, polo

asasinato a tiros de tres

persoas nunha tenda hai 29

anos. Dous xuíces intentaron

ata última hora aprazar

a execución, pero finalmente

aplicóuselle a inxección

letal. Hai un mes, Johnson

declarouse inocente e dixo

que nin sequera estaba en

Nashville, lugar do suceso.

Amigos, cun dos feridos. > EFE

SOMALIA

20 mortos, tres deles

ministros, nun ataque

Polo menos 20 persoas

resultaron mortas onte nun

atentado con explosivos

nun hotel de Mogadixo, no

que perderon a vida tres

ministros e dous xornalistas,

durante unha cerimonia

de gradación. Ao parecer,

foi un atentado suicida. Por

outra banda, once persoas

morreron en Iraq noutro

atentado suicida en Tikrit.

SIRIA

Falecen tres persoas

por culpa dunha roda

Tres persoas morreron onte

ao sur de Damasco ao estalar

o pneumático dun autobús,

un suceso que desatou

a alarma nesta capital polo

temor de que, no medio

da desinformación inicial,

se tratase dun sanguento

atentado. Os falecidos son

o condutor do vehículo

e dúas persoas máis que

traballaban no taller onde

estalou o pneumático.

O Congreso de Honduras rexeita o

regreso de Manuel Zelaya á presidencia

Axencias

O Congreso de Honduras rexeitou

onte a restitución de Manuel

Zelaya por unha folgada maioría,

nunha decisión que o deposto

gobernante cualificou de “vergoña”

e que o deixa sen opción

de volver ao poder no marco do

Acordo San José-Tegucigalpa. Un

total de 111 deputados votaron en

contra e 14, a favor.

“Eu apoio o que o Congreso

decidiu”, dixo Porfirio Lobo, gañador

das eleccións do domingo,

que non recoñece a maioría da

comunidade internacional.

Pola súa banda, Roberto Micheletti,

presidente de facto, dixo onte

que coa votación do domingo os

hondureños lle dixeron a Chávez

que é un “trastornado”. Manuel Zelaya, onte en Tegucigalpa. > EFE

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!