28.04.2013 Views

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

P R E M I O S M E S T R E M A T E O

22

COMPARTIR

FERNANDA DEL NIDO

MELLOR LONGAMETRAXE (18 COMIDAS)

“18 comidas” foi unha aventura desde o comezo e sigo tendo a mesma percepción.

Nin sequera creo ter tempo para poder tomar a distancia necesaria e ver con algo de

obxectividade todo o que pasou, todo o que vivimos –e o que queda aínda–.

Foi un gran desafío, tanto persoal como profesional, quizais demasiado duro por momentos, pero

que me deu grandes satisfaccións, e formar parte de toda a viaxe que significou anímame a seguir

tentándoo. Só teño palabras de agradecemento para con todos os que formaron e forman parte de

18 comidas, empezando polos meus compañeiros de Zircozine.

Na parte que me toca e máis a título persoal, o mellor que me deu a peli foi e é a experiencia

persoal de traballar e aprender cos profesionais cos que tiven a sorte de compartir esta aventura –en

todas as áreas–. Non é unha forma de dicir nin son palabras baleiras. Máis ben é froito da miña

reflexión e balance en solitario. E elixín quedarme con iso.

A experiencia de traballar con Jorge Coira é un capítulo á parte, ou o epílogo e as conclusións, ou

todo xunto e ao mesmo tempo. Xuntos compartimos esta viaxe, e dise pronto.

Oxalá se sigan apostando por este tipo de proxectos. Oxalá nós e outros nos sigamos xuntando

para levalos adiante. Oxalá o sigamos tentando e nos permitan facelo. Oxalá non sexa tan duro para

os futuros. Oxalá se entenda que as películas son parte da nosa cultura e que o son para toda a vida.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!