28.04.2013 Views

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

que por un minuto de imaxes en bruto cóbranche 5 veces máis do que che pagan polos dereitos de

emisión dun produto xa rematado en alta definición.

O feito de estar esquecida a personaxe e existir algunhas reportaxes sobre a súa figura, foi pretexto

para atopar portas pechadas. Desde unhas televisións chegáronnos a dicir que “diso xa temos un”. A

sensación que se che queda é máis a de estar nun mercado de abastos vendendo produtos da horta

cá de negociar cun responsable de contidos audiovisuais.

Dos organismos que se encargan de xestionar e apoiar a cultura en Galicia tampouco recibimos

apoio. Para uns, Man non era galego; para outros, un recordo ingrato da catástrofe do Prestige, e

tamén houbo quen respondía que non era de grande importancia, xa que o que realizaba só era

estético, non artístico.

Co convencemento do que está seguro do valor que persegue e coa necesidade agudizando o

enxeño, seguimos adiante. O proxecto xa se converteu en algo persoal. Atopabámonos case sen

apoio ningún e iso serviu de estímulo. A partir de aí, moitísimas horas de entrevistas que había que

analizar case con lupa, xa que despois de tantos anos, o que nos contaban sobre Man era difícil de

discernir se se trataba de vivencias en primeira persoa ou lerias do pobo. En vista do cal, decidimos

que cada personaxe falara da época na que compartiu cousas con Man, e entre todos construír a

historia verdadeira. A voz do pobo, a crítica artística, os pensamentos persoais de Man e a figura dun

xornalista, que representa a todos os profesionais que tiveron relación con el e serve de fío condutor,

conformaron o elenco de personaxes do documental.

Esta formulación fixo máis complexa a tarefa da montaxe. Intervencións de non máis de 15 segundos,

onde as ideas duns completaban as dos outros, facían que o ritmo fose atractivo e ademais

xerase unha sensación de veracidade, algo fundamental.

Refixemos a figura de Man, dignificándoa, devolvéndoa ao lugar que debe ocupar un artista que

destaca polo valor da autenticidade. Pero, ao mesmo tempo, Man Fred, home sen paz é un testemuño

da tolerancia tradicional do pobo galego que, como nos dicía un espectador, “é unha sociedade da

que formo parte e que agora coñezo un pouco mellor”.

Unha vez rematado, cres que tes un bo produto. Os críticos que viron o documental antes das

primeiras proxeccións mitigan as dúbidas do que, como autor, carece de perspectiva externa. Os

primeiros entusiasmos alleos fan pensar que distribuílo e exhibilo non debería ser complicado. E é

no momento de abordar esta tarefa cando se redescobre, esta vez en propia carne, o que sabïamos: a

falta de apoios públicos e unha carencia de empresas especializadas en distribución e comercialización.

No audiovisual, Galicia sabe producir pero non sabe vender.

Os festivais de cinema en Galicia como elementos de promoción teñen un escaso papel, tanto

polo seu relevo como polo seu afán de destacarse a si mesmos. O que os leva á autopromoción con

éxitos xa coñecidos. É dicir, mírase exclusivamente o currículum da produtora e a traxectoria cinematográfica

de autor. Dito doutra maneira, é o cinema o que promociona os festivais, pero non ao

revés.

De súpeto, sen moita convicción e entregando a documentación o último día, decidimos presentarnos

aos Premios Mestre Mateo. Xa na gala, cando escoitas que o documental polo que levas loitando

case dous anos é o gañador, a sensación de que pagou a pena afágate, e se o sumas aos moitos

comentarios de críticos e espectadores que en pequenas salas e locais puideron velo, iso fai que a

recompensa sexa maior.

Despois de todo, a maior tristeza que nos queda é a de ver a súa obra destruída. Como el dicía,

aquelas obras eran os seus fillos, aquilo era o reflexo da súa vida, era el, e se aquilo o mataron, é a el

a quen mataron. E o pouco que en Camelle fica está a desaparecer a velocidade de vertixe sen que

ninguén o evite, e con iso os 6000 visitantes que cada verán recibe. Poida que se perdera un gran

valor cultural para Galicia. O tempo dirao.

Papeis da Academia Galega do Audiovisual 2010–2011 27

P R E M I O S M E S T R E M A T E O

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!