28.04.2013 Views

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

UN CINEASTA DE HOXE DEBE DESTINAR O 50% DO TEMPO E DIÑEIRO

Á PRODUCIÓN E O OUTRO 50% Á PROMOCIÓN E A PROCURA DO

SEU PÚBLICO

Na contorna dixital non teño a penas gastos de duplicación, e iso é porque en internet, a través de

recomendacións e prescriptores, podo atopar ese pequeno público de nicho. Polo tanto. o problema

non está en como poñer algo a disposición do público, senón en como chegar ao público interesado

nesa produción, se é que o hai.

No audiovisual, John Reiss, autor do libro Thinking outside the box office, fala do novo paradigma,

o 50/50. Un cineasta de hoxe en día debe destinar o 50% do seu tempo e diñeiro á produción e o

outro 50% á súa promoción e a procura do seu público, preferentemente a través de redes sociais.

No centro do establecemento dun novo modelo de negocio está o VOD ou vídeo baixo demanda.

O que temos que ter claro é que non hai un VOD, senón moitos; que os prezos non están para nada

fixados, porque teñen moitas fluctuacións; e que en Estados Unidos están a verse primeiro estes

cambios.

As xanelas tradicionais de cinema foron durante moito tempo a estrea en salas, o aluguer de DVD,

a venda de DVD, a emisión na television de pago e a emisión na television en aberto. Está claro que

o DVD, que no ano 1997 logrou superar o negocio xerado en salas, esborrallouse e os seus ingresos

non foron substituídos polo vídeo baixo demanda; é o que moita xente chama cambiar dólares analóxicos

por centavos dixitais.

De todos os xeitos, o DVD en moitos casos segue a ser unha vía de ingresos para nada desprezable.

O que convén comprender son as distintas formas de VOD e como se integran coas xanelas tradicionais.

Tamén é importante saber que distintos tipos de películas poderán usar distintos tipos de

estreas e, por exemplo, a estrea simultánea ou day and date release sería máis axeitada para películas

pequenas que para grandes títulos.

No primeiro lugar das xanelas de explotación está a estrea en salas, que non só goza de bastante

boa saúde, sobre todo fóra de España, senón que segue a ter un efecto vitrina sobre o resto. A película

que non se estrea en salas non ten visibilidade nos medios de comunicación, e existen actualmente

sistemas para alugar salas directamente se sabes dirixir e mobilizar o teu público por internet.

Despois da estrea en salas, as majors están a tentar establecer en EE.UU unha xanela chamada

Premium VOD, que permitirá ao cliente gozar aos 60 días da estrea en salas dunha película na súa

casa por uns 30 dólares. Esta é unha iniciativa moi recente que tivo unha contestación forte por

parte das salas, polo que o seu futuro é incerto.

Despois da estrea en DVD –que cada vez se reduce menos e pode chegar aos tres meses da estrea

en salas– chega, uns 28 días máis tarde, o VOD sell through ou venda en VOD. Hai que ver que a

xente estea disposta a pagar 13,99 euros en iTunes ou na Play Station Store, por citar exemplos xa

operativos en España, por ter en propiedade un arquivo dunha película.

Despois vén o rental VOD ou aluguer VOD, no que por cantidades de ao redor dos 2,99 euros

podemos alugar películas en iTunes, en Play Station Store ou en Filmin. Nestes sistemas, unha

vez pagado o aluguer, temos máis ou menos 30 días para ver a película, e unha vez que lle dámos

ao play temos 48 horas para vela; transcorridos eses tempos, o arquivo xa non se pode ver máis.

Este é claramente un sistema con potencial e con gran facilidade de uso; sería interesante que

se ofrecese en VO, porque o público está a demandala, e tan só Filmin a ofrece en España en

todos os seus títulos.

Papeis da Academia Galega do Audiovisual 2010–2011 49

A T E C N O L O X Í A

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!