28.04.2013 Views

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ANA KIRO, CANTANTE,

ACTRIZ E PRESENTADORA

1942 (ARZÚA)–2010 (OLEIROS)

QUERIDA ANA

Coñecina vai para 14 anos e tiven a sorte de traballar con ela e compartir moitas horas

do día ao longo das catro temporadas que durou “Tardes con Ana”, o magacine que

Gestmusic Endemol produciu para TVG .

Oprimeiro que me chamou a atención foi a súa gran vitalidade para afrontar tantas horas de

traballo. Gravabamos dous programas ao día, o primeiro deles en rigoroso directo. Resulta

complicado escribir sobre Ana sen emocionarse, a fin de contas era inevitable que a relación profesional

se convertira co tempo en personal, dando xeito a unha amizade que foi deixando pegada.

Porque era unha gran profesional, sen dúbida, pero por riba de calquera outra cousa era unha muller

intelixente, íntegra, boa e amiga dos seus amigos.

Ao longo de todo o tempo que traballamos xuntas, nunca deixou de sorprenderme a súa alegría de

vivir e a súa forza. Imaxino que, sen esa forza, nunca tería saído da súa Castañeda natal para emigrar

e converterse en artista, e de paso enfrontarse a todo o establecido.

Durante os anos que fixemos Tardes con Ana puiden ver como moitas persoas que acudían ao plató

a observaban con admiración. Puiden ser testemuña tamén de como Ana compartía sufrimento con

moitas das persoas que acudían a contar algunhas das súas duras historias, e como a esas persoas as

confortaba falar con ela. Ana enchía o plató, a xente percibíao, daba calor e recibíao. Defendía a

capa e espada as causas que lle tocaban na alma e iso a xente non o esquecía. Adorábana.

Recordo as súas ganas de aprender cousas novas nunha etapa da súa vida na que outros moitos só

terían tempo para pensar na xubilación. Recordo o seu sorriso, o seu riso, aqueles andares áxiles e

elegantes e mesmo aquel perfume que anunciaba a súa chegada, un perfume con carácter...coma ela.

Esa forza seguiu con ela incluso nos anos nos que se enfrontou á súa enfermidade. Recordo aquela

tarde de longa conversa, as súas ganas de loitar, de vivir, incluso de volver traballar.

Cando paso por Arzúa, de camiño a Lugo, irremediablemente me acordo de Ana, e do valor que

tivo toda a súa vida para facer o que ela realmente quería, fiel sempre aos seus principios e ás súas

crenzas.

Ana, traballadora incansable, muller inesquecible... dentro e fóra da pantalla.

Marga Palacios. Productora de Gestmusic Endemol en “Tardes con Ana” de TVG

Papeis da Academia Galega do Audiovisual 2010–2011 73

O B I T U A R I O

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!