28.04.2013 Views

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

JOAQUÍN LENS, ACTOR DE DOBRAXE

1946 (FERROL)–2010 (A CORUÑA)

CANDO UN AMIGO

SE NOS VAI

Joaquín Lens foi o meu compañeiro de traballo durante moitos anos, compañeiro

inesquecible e amigo ao que lle contabas e escoitabas segredos e singularidades que a

ninguén máis lle permitías. Daquela empatía naceron proxectos e ilusións, traballos en

común, que desembocaron na creación, con outros actores, dunha empresa de dobraxe,

Studio XXI.

Asúa prodixiosa voz e elegantísima melodía foi reclamada inmediatamente pola canle autonómica.

Moitos protagonistas levaron o selo inconfundible de Joaquín na fala de Rosalía.

Mais os salvapatrias da pureza lingüística, vulgar fotocopia de cristianos viejos, resolveron que aquel

idioma que Joaquín falaba non era o axeitado, estaba contaxiado por fonemas estranxeiros. El, que

era do Ferrol, catedrático de Linguas –o catedrático español máis novo logo de Menéndez Pelayo– e

que nunca abandonara a súa terra natal.

Aquela inquisición, aplicada polos consorcios lingüístico-económicos, non o derrubou, e axiña

outras televisións do Estado español solicitaron a súa prodixiosa voz e sutil interpretación.

Joaquín, elegante e estoico, non dixo nunca unha palabra para se defender daquela arbitrariedade.

Mantivo sempre a compostura e a dignidade.

Non vendeu a súa liberdade nin negou o saúdo a aqueles que o demonizaran, e incluso conseguía

calmar a miña carraxe cando lle suxería solucións máis definitivas.

Era un amigo de conversa fácil, onde o frívolo ou vulgar non tiñan acubillo. Sabía imprimirlles aos

temas a obxectividade e a información constatada. Sempre aprendiamos algo del.

Joaquín Lens Tuero era tamén un dos críticos de arte máis destacados de Galicia, unha persoa con

inquedanzas intelectuais e culturais de todo tipo. Culto, á vella usanza, tiña una paixón desaforada

pola literatura.

Na sala de traballo, imprimía pedagoxía aos demais actores; dono dunha profesionalidade e unha

maneira de facer que nos serviu para que os máis bulebules acalmaramos as nosas ansias e copiaramos

o bo facer de Joaquín.

Cando descubriu a súa irreversible enfermidade, non se derrubou, continuou acudindo ao traballo

a pesar das feridas que xa levaba no rostro e na alma.

Pero aquelas eivas non transcendían, e nós, os seus amigos, tiñamos que facérmonos os valentes,

apertar os dentes, sorrir, ollar cara a outra parte, e tragar a bágoa que non deixabamos esvarar.

Seguía falando de futuros, de proxectos e de ilusións, aínda que o brillo dos seus ollos xa nos

anunciaba solpores definitivos.

Non escoitei da súa boca unha queixa. Ese estoicismo, esa dignidade ante a parca que o fitaba,

namorada de Joaquín tan cedo, e que el trataba coma unha compañeira inevitable, producían en

min unha admiración e un respecto que non sentín por ninguén máis. Atuaba a morte como se fose

unha amiga de toda a vida.

Por iso, Joaquín, amais de ser un inesquecible amigo e un actor de dobraxe magnífico, era tamén

un valente, dos que saben que non só hai que saber vivir con dignidade, senón tamén agardar o

derradeiro adeus de pé, co rostro ergueito, con excelencia e carraxe, como só o fan os cabaleiros, os

dignos de espírito.

Santiago Fernández. Actor

Papeis da Academia Galega do Audiovisual 2010–2011 65

O B I T U A R I O

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!