28.04.2013 Views

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PANCHO MARTÍNEZ, ACTOR E DIRECTOR

1957 (RIANXO)–2010 (RIANXO)

SOBRE TODO,

RIANXEIRO

Coñecín a Pancho hai mais de 25 anos. Daquela comezabamos no mundo da dobraxe e

alí atopabámonos, entre outros, Roberto Vidal Bolaño, Antonio Mourelos, Laura Ponte,

Santiago Davila, Dorotea Bárcena, Manuel Amenedo e outros moitos que formabamos

parte do mundo do teatro, do cine, da radio, da televisión.

Pancho viña do seu querido Rianxo e chegou a Santiago, acompañado do seu amigo Carlos Gey,

coa ilusión de quen quere descubrir cousas novas, coa cabeza chea de paxariños, moitos paxariños.

Sentíase aquí coma peixe na auga, e axiña, pouco a pouco, tivo oportunidade de ir descubrindo

o mundo que el soñara. Primeiro na dobraxe, onde, coa súa voz de galán, se puxo na pel de personaxes

moi variadas, boas e malas, cabaleiros e viláns, vaqueiros e indios.

Logo fixo historia participando como protagonista en Novo de Parmuide que, por se non se sabe,

lembraremos que foi a primeira ficción que se fixo para a TVG. Despois entraría no teatro profesional,

sempre da man do seu admirado Roberto Vidal. Colaborou en moitas producións para a Televisión

de Galicia e para outras canles nacionais, e sempre deixou pegada pola facilidade que tiña de

adaptarse á personaxe que encarnaba.

Pero o capital máis grande de Pancho era a súa calidade como persoa. Quería a todo o mundo e

todos o queriamos a el, sendo como era, sen cambiarlle nada, no bo e no malo, tal cal. ¿Canto se

podía tardar en manter conversa con Pancho? ¿Un viño? ¿Unha hora? ¿Unha noite?

Se algún de nós o bota en falta, pensemos en como están en Rianxo, onde nos últimos anos fixo

un labor encomiable á fronte do grupo Airiños, o máis antigo de Galicia. Con el, sobre unha adaptación

súa publicada por Ediciós do Castro, levou a escea a obra Sempre en Rianxo. O soño do barbeiro,

na que compila textos dos seus benqueridos conveciños Castelao e Dieste.

En fin, Andrés Martínez García, Pancho para todos e Cogollo só para algúns, onde queira que

esteas lembrámonos moito de ti. Unha aperta, amigo.

José Antonio De la Fuente. Xefe de Produción de CTV

Papeis da Academia Galega do Audiovisual 2010–2011 69

O B I T U A R I O

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!