15.05.2013 Views

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Onde viven os espectros

Teatro Manuel Lourenzo reescribe as consecuencias

da ambición humana que simboliza Macbeth

Teatro para oír

e descubrir

Teatro A escritura dramática

renóvase a través da radio

T

oca xa a cuarta edición deste

evento que se traduce non

só na necesaria renovación

de autoras e autores para a literatura

dramática galega, senón tamén na

recuperación dun xénero interesante,

importante e tradicionalmente

esquecido polos circuítos de publicación

teatral: o teatro radiofónico.

A iniciativa procede da incansábel

Ana Romaní e do seu Diario Cultural

e conta coa colaboración do Centro

Dramático Galego. O resultado, finalmente,

un libro coas obras premiadas,

e o pracer de escoitar en cd

a lectura dramatizada dos textos. Publícanse

tres peciñas correspondentes

ao Premio do Xurado, Premio da

Audiencia e Finalista, precedidas dun

delicioso prólogo, auténtica homenaxe

ao teatro lido e radiodifundido,

elaborado por Ánxeles Cuña.

Vanesa Martínez Sotelo e a súa

obra Indoor foron galardoadas co

Premio do Xurado. A autora amósanos

aquí unha obra contida de ton

contemporáneo, de toques absurdos,

na que unha lectura reflexiva

fai que o texto gañe sen dúbida á

experiencia exclusivamente auditiva

na que debe cobrar importancia

a historia. Efectivamente, Indo-

IV Premio Diario

Cultural de Teatro

radiofónico · VV. AA.·

Xerais/Radio Galega,

2010 ·80 páx ·

15,90 euros

Lady Macbeth approaching the murdered Duncan // William Blake

or non é unha historia dramática

en sentido estrito, senón que semella

máis ben un exercicio dramático

misterioso e estilizado que

nos achega máis ao terreo lírico da

suxestión ca ao terreo ficcional da

narración pura. En Indoor, Vanesa

Martínez desenvolve de xeito fragmentario

o tema do (auto)encerro e

da fuxida posmoderna da expresión

das paixóns e os sentimentos como

patoloxía a través dun motivo que,

en si, constitúe unha atractiva idea

literaria: a muller que queda pechada

na pedra, reminiscencia contemporánea

da clásica (e bíblica) conversión

en estatua. Posúe Indoor

enormes posibilidades escénicas

pero, sobre todo, literarias.

A audiencia do Diario non se trabucou

ao premiar o texto de Begoña

García Ferreira O vento na illa, unha

obra intelixente que se desenvolve

a través dunha historia ben levada

e que nos conduce á imprescindíbel

base narrativa do teatro para escoitar.

A autora consegue que, nunha

soa escena e nuns minutos de conversa,

a tensión medre e a historia

debulle desde o presente un longo

pasado de acontecementos ficcionais

que conducen a un desenlace

clásico, máis alá, por suposto, dunha

definición dos personaxes que

se converte en esencial. García Fe-

O

dramaturgo vivo máis

importante do teatro

galego, o noso dobre

Premio Nacional de Literatura

(nacional español e nacional

galego) entrega agora un novo

capítulo da súa revisión da mitoloxía

dramática universal, con este

volume que gañou o Premio Álvaro

Cunqueiro do ano pasado. En Flores

de Dunsinane, Manuel Lourenzo

volve a recorrer á revisitación dun

texto clásico, neste caso o exemplo

da ambición humana e das súas fatais

consecuencias que é o Macbeth

de Shakespeare.

Volta ás orixes dos clasicismos

grego e barroco á que nos ten acostumados

o do Valadouro, cuxa produción

literaria está inzada de personaxes

helénicos (Helena, Edipo,

Electra) e elisabethianos (Hamlet,

agora Macbeth), que recorda ao

mestre Cunqueiro, nomeadamente

ao seu Incerto señor Don Hamlet,

cuxas páxinas de vento enchen tanto

Elsinor como Mondoñedo; mais

tamén a ese mestre da contemporaneidade

que é Heiner Müller, responsábel

da estirpe xermanófila do

noso dramaturgo, e gustoso asiduo

das familias dramáticas.

Hai tanto en Cunqueiro como en

Müller, alén do comentado, un gusto

tal polo teatro que os condena a

facer da metateatralidade un ingrediente

indispensábel das súas deli-

rreira demostra talento no dominio

do diálogo e da tensión dramática e

unha fina intuición sobre o xénero

radiofónico.

Por último, o texto finalista de

David Rodríguez Rodríguez mestura

dous elementos de plena actualidade:

a metateatralidade como recurso

literario para enriquecer a obra, e

a memoria dos acontecementos da

Guerra Civil como fío argumental

que conduce á confusión entre histo-

11

proPostas Crítica //

Flores

de Dunsinane ·

Manuel Lourenzo ·

Xerais, 2010·

48 páx · 12,50 euros

cias, fado ao que non é quen de fuxir

Manuel Lourenzo. A acción destas

Flores de Dunsinane ten como alicerce

a fermosa hipótese de Macbeth

e Lady Macbeth volveren de entre

o esquezo da morte, mortos, para

lle contar a Fleance, herdeiro lexítimo

da coroa escocesa, todos os

porqués daquela traizón pasada. E

como non podía ser doutro xeito ao

se tratar de espectros, os dous monarcas

lembran a tristura e a inevitabilidade

dos seus actos criminais

representándollos a Fleance nunha

fantasmagórica velada.

Todo este artellamento non é

máis que unha escusa para seguirmos

a pensar no teatro como

a verdadeira realidade virtual que

existiu e existirá sempre, apta para

informar desde calquera esfera do

tempo, sexa futura ou pasada. Esta

idea dinamizadora serve, tamén e

sobre todo, para que Lourenzo xogue

ao que máis lle gusta, que é tecer

coas palabras máis fermosas os

tapices do teatro universal.

//Roi Vidal Ponte

Familia sintonizando a radio //Arquivo

ria e relato, ficción e realidade. Nunca

me esquecerei de ti amósase coma

un bosquexo de algo que podería ser

unha obra de maior envergadura,

cunha maior concreción da acción e

dos propios personaxes. Mais como

texto dramático breve, a obra de David

Rodríguez funciona e cumpre o

que semella o seu obxectivo básico:

mover a conciencia do lector á reflexión

sobre os acontecementos pasados.

//Inma López Silva

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!