15.05.2013 Views

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Imprescindíbel ou

autocompracente?

Tradución A antoloxía de Dunne merece todos os

parabéns. Non así a estratexia para promocionala

“Os límites da miña lingua son

os límites do meu mundo”.

Aínda que non a formulara en

termos culturais, esta frase

de Wittgenstein axéitase ben ao valor

estratéxico que a tradución literaria

ten para as culturas minorizadas.

Con todo, as fronteiras lingüísticas

están hoxe máis pronunciadas

ca na Idade Media, cando as persoas,

ao desprazárense lentamente,

ían aprendendo outras linguas

abríndose, así, ao mundo. En tempos

dunha globalización uniformizadora,

unha cultura actual, e máis

aínda se minoritaria for, ten que facer

este labor de xeito planificado.

Ata agora non hai máis ca 37 libros

galegos traducidos ao inglés e unha

política cultural de cara ao mundo

anglófono continúa a ser unha tarefa

pendente.

A recente publicación da Anthology

of Galician Literature (1196-

1981), de Jonathan Dunne, editada

conxuntamente por Xerais e Galaxia

(e cofinanciada pola Xunta), pretende

dar outro paso neste sentido. É a

primeira vez que se reúne unha selección

bilingüe da historia literaria

galega como ferramenta de divulgación

en lingua inglesa. Falamos

de 55 obras dende o primeiro documento

en galego ata o inicio da II

Autonomía en 1981 e que abranguen

a tradición oral, teatro, ensaio, poesía

e narrativa. Son 40 autores e autoras

mais seis voces anónimas, escolmados

por 55 persoeiros da cultura

galega. Un total de 23 persoas

repartiron o traballo de translación,

coa participación da práctica totalidade

de quen se dedica hoxe en

día á tradución do galego ao inglés.

Cruceiros no cemiterio de Vicinte // Galipedia

Seica haberá en breve un segundo

volume, que cubrirá o período entre

1981 e a actualidade.

Despois de 13 anos de traballo,

Jonathan Dunne –que traduciu 31

dos 55 textos– proponnos todo un

canon da literatura galega 1196-

1981, elaborado con criterios máis

democráticos do que é o habitual.

Figura incluso como autor da antoloxía,

un feito que destaca a importancia

da tradución e a mudanza

da súa función sociopolítica. O

conselleiro da cultura aproveitou

a conclusión deste traballo titánico

para falar, de xeito desafortunado,

dunha “correcta definición do

canon” (Varela, 05-VI-2010). Mais

as seleccións antolóxicas sempre

son discutíbeis, pensemos só na

reducida presenza de autoras (esperemos

que se corrixa este des-

equilibrio no segundo volume).

Tamén sería importante que as estratexias

de tradución empregadas

fosen analizadas por especialistas,

xa que parece existir unha tendencia

a neutralizar o texto de partida

(“N’a carcel d’o Vaticano!”/“Inside

the Vatican’s walls”, p. 126-127),

alén dalgunhas poucas incoherencias

(“ourentaron-se ao esquenzo”/

”pointed toward omission”, p. 150-

151). Aínda que non poidamos facer

aquí unha crítica da tradución,

adoita que as neutralizacións corresponden

a unha característica

do mercado anglosaxón, cuxo

conservadorismo aínda esixe que a

tradución se lea como un orixinal

en lingua inglesa.

Mais estes aspectos representan

asuntos menores que non poñen en

cuestión a excelencia da antoloxía.

Convén centrármonos nos aspectos

paratradutivos, ou sexa no seu

contexto económico e político: se

fose entendida e aproveitada pola

administración subvencionadora

e as dúas editoriais nacionais (que

sobreviven grazas á primeira) como

unha importante ferramenta de

política exterior galega, esta antoloxía

non sería publicada en Galiza

ou, polo menos, seríao en colaboración

cunha potente distribuidora

internacional. Unha consellería de

cultura, nos tempos que andamos,

debería ser quen de entrever que a

cultura é unha das maiores riquezas

de Galiza, con posibilidades de

exportación proveitosas, e tomar as

medidas oportunas. No intre de rematar

esta recensión nin apenas se

contan, no máis popular dos buscadores

na rede, máis ca 25 entradas

en inglés! E isto dous meses despois

do seu lanzamento. Esta divulgación

asúmea case en exclusiva a

editorial Small Stations e o blog de

Jonathan Dunne, sen reacción aínda

por parte da prensa ou do mundo

editorial anglófonos. A presenza na

rede sería vital en moitos sentidos,

tamén porque en breve sairá con

Breoghán›s Lighthouse, de Antonio

de Toro, outra antoloxía bilingüe da

literatura galega nunha editorial inglesa

(Francis Boutle), nunha colección

dedicada ás literaturas minoritarias.

Unha competencia que cómpre

ter en conta.

1

proPostas Crítica //

A que se debe esta falta de visión

estratéxica e de proxección

mediática? Non se dispón con Jonathan

Dunne –tradutor, editor

e crítico reputado e de moita experiencia–

dunha persoa máis ca

ideal para se mostrar no mercado

anglófono? Non existen antecedentes

como a antoloxía de narrativa

galega From the Beginning of

the Sea, realizada polo Oxford Center

for Galician Studies? Por que a

Xunta non tratou de financiar unha

edición directamente no mercado

anglosaxón? Se colaboran Xerais

e Galaxia, por que non subiron ao

barco unha editorial anglófona con

boa distribución? Por que distribúe

precisamente Galaxia, que non é

quen de divulgar un proxecto desta

envergadura? Por que o boletín da

antoloxía en inglés, que pretende

promover o libro xunto de axentes

e editoriais estranxeiras, combina

erros cun estilo pouco idiomático?

Tamén a tradución inglesa da carta

dos editores Bragado e Freixanes

non convence, xa que o seu

discurso resulta torpe na lingua de

chegada. E por que as primeiras recensións

galegas aplauden algunhas

destas limitacións (Vilavedra,

El País 25-VI) ou se conforman con

que a antoloxía se dirixa soamente

aos centros de estudos galegos e a

axentes ou editoriais (Fernán-Vello,

Galicia Hoxe 8-VII)? Por que a cultura

galega sempre a mandan entrar

pola porta traseira?

Se Jonathan Dunne merecese

unha medalla Castelao por este tan

logrado esforzo de tradución cultural,

as institucións administrativa e

editoriais implicadas nin acadarían

un aprobado. Como carta de presentación

da literatura galega no

mundo editorial anglosaxón entregaron

esta belísima antoloxía, nun

acto que raia a autocompracencia,

na conserxería da propia casa. Unha

mágoa. // Burghard Baltrusch

Anthology of

Galician Literature ·

VV. AA. ·

Galaxia, Xerais, 2010·

344 páx · 25 euros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!