15.05.2013 Views

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Ficción emancipada

Audiovisual Teleseries como The Wire, liberadas da grella televisiva,

posibilitan unha ollada individualizadora sobre un sistema corrupto

T

he Wire é a obra de ficción

norteamericana máis importante

deste século e a

súa complexidade e ambición

van alén de todo programa

televisivo anteriormente realizado.

Resumindo todas as súas liñas argumentais

nun só concepto sólido

e inapelable deberíamos dicir que a

serie trata da imposibilidade de ser

honrado nun sistema corrupto, isto

é, no capitalismo contemporáneo.

Todos os estamentos sociais son

completamente incapaces de loitar

cos problemas que se lles presentan,

entorpecéndose uns aos outros con

todo tipo de accións interesadas e

burocratizadas. É máis, non hai unha

soa personaxe que ao longo da trama

non caia nunha conduta irresponsable,

amoral e vantaxista, con independencia

das súas intencións.

Nun principio The Wire semella

outra serie sobre a loita contra o

narcotráfico, mais axiña deixa esta

premisa para tratar problemas estruturais

do mundo actual. Cada unha

das súas cinco tempadas centráse

nun tema esencial: a guerra contra a

droga, o desmantelamento dos sindicatos,

a corrupción política, o fracaso

da educación e a farsa periodística.

Cada novo estamento vai entrelazándose

cos anteriores e achegando

personaxes; así aparece ante nós

o triunfo absoluto dun sistema capitalista

capaz de aniquilar calquera

iniciativa que poida facer tremer as

súas bases. Deste xeito, os creadores

da serie conseguen ofrecernos o retrato

dunha cidade, Baltimore, exemplo

do funcionamento dunha democracia

occidental moderna e verdadeira

protagonista da trama.

As rúas de Baltimore serven de escenario para a serie The Wire // Arquivo

A chegada do novo milenio

trouxo á televisión norteamericana

numerosas series cuxa idea central

pasaba por amosarlle ao espectador

a metodoloxía utilizada en

certo tipo de profesións, especialmente

de corte policial ou médico.

Pero ao contrario que todas elas,

The Wire non utiliza ese proceso

como esquema prefixado para todos

os episodios (formulación, nó e

desenlace), senón que o vemos en

“tempo real”; as accións e as súas

consecuencias estíranse abarcando

escenas, capítulos e incluso atravesando

diferentes tempadas. Aquí os

procedementos policiais e xudiciais

non aparecen sintetizados, senón

interconectados nunha gran rede

á que se engaden posteriormente

a actuación política e a cobertura

xornalística dos sucesos.

Xa desde o seu título The Wire aparece

ante nós como unha conexión

co mundo real a través da ficción.

Coa escusa dunha investigación policial

sobre unha banda de narcotraficantes,

a serie colle o seu tempo

para amosarnos tanto o traballo policial

como as motivacións, intrigas

e intereses que existen tras estas accións.

Por outra banda, por primeira

vez vemos nunha serie aos traficantes

como unha organización laboral,

sen ningún tipo de maniqueísmo

moral, onde cada persoa exerce

un traballo cunhas obrigas e remuneracións

prefixadas. Así, cada personaxe

desenvolve un labor no eido

en que lle tocou vivir, e ten escasas

posibilidades de cambiar de ámbito

polos seus propios medios.

Esta forma de organizar a ficción

aséntanse sobre un importan-

1

proPostas Crítica //1

te substrato de realidade. Gran parte

do equipo de guionistas ten experiencia

previa nas rúas de Baltimore,

nos eidos da policía, a educación, o

sindicalismo ou o xornalismo. Como

di o personaxe de Gus Haynes, editor

na ficción do Baltimore Sun, “neste

xornal Deus aínda vive nos detalles”,

idea extrapolable á escritura da serie.

Á utilización de escenarios naturais

e actores non profesionais hai

que engadirlle un exhaustivo traballo

de investigación sobre as diferentes

xergas que utilizan os personaxes

segundo o seu status.

As pontes tendidas entre The Wire

e a literatura son numerosas. David

Simon, principal responsable da serie,

fala xa da traxedia grega como

punto de partida dende a súa concepción,

e en diferentes entrevistas

aparecen mencións a Melville, Dickens

ou a narrativa rusa como influencias.

A ambición novelesca que

se percibe nos creadores leva á concepción

de cada escena coma un parágrafo,

cada episodio coma un capítulo

e cada tempada coma un libro.

Isto tamén se relaciona cunha nova

maneira de consumir os produtos

audiovisuais; gran parte dos espectadores

viron a serie ben descargando

os episodios da rede, ben facéndose

cos capítulos en DVD, medios

que están a converterse en hexemónicos

para o consumo de ficcións televisivas.

Anúlanse así as restricións

temporais prefixadas polas canles,

permitindo unha maior liberdade

de visionado.

Carente por completo de escenas

explicativas ou presentacións de

personaxes, todas as secuencias de

The Wire réxense por unha construción

“in media res” con abundancia

de elipses que perforan a trama, falando

con total naturalidade de persoas

ou sucesos que aínda non coñecemos

ou directamente non chegaremos

a ver. Esta situación obriga

ao espectador a non perder detalle

e facer un traballo extra para o seguimento

dos primeiros episodios.

“Que se foda o espectador medio”

chegou a dicir Simon nunha entrevista;

esta é unha obra que crea o

seu público, constituíndo a emancipación

definitiva das teleseries

como formato artístico-literario.

// Julio Vilariño

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!