15.05.2013 Views

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Freud e a política

// M. V. F.

No seu demoledor ataque contra

Freud, Onfray inclúe tamén a denuncia

dun Sigmund Freud admirador

do fascismo de Mussolini e

contemporizador co nazismo. “Progresista ou

revolucionario, Freud?”, pregúntase Onfray,

para retrucar de seguido: “en absoluto. Era un

arteiro conservador, gardián dos bos costumes

e partidario dos réximes autoritarios”.

FrEUD E O FASCISMO

En que se apoia o polémico pensador francés

para trazar ese retrato político do psiquiatra

vienés? Hai, en primeiro lugar, a anécdo-

Die Besitzkröten (Sapos propietarios) // George Grosz

ta dun discípulo italiano, nos primeiros anos

do acceso ao poder do fascismo, que lle presenta

ao pai dun paciente, fascista fervente.

Este pídelle a dedicatoria dun libro para llo

entregar ao duce, cousa que Freud efectivamente

fai, e con palabras que Onfray interpreta

como indo para alén do que cabería

agardar dunha simple fórmula de cortesía.

Hai algunhas alusións a certas testemuñas

segundo as cales Freud tería visto con non

malos ollos a política autoritaria do almirante

Horthy en Hungría e do chanceler Dollfuss

na propia Austria. Hai, por fin, as evidencias

de que Freud adoptou toda clase de cautelas

para evitar calquera tipo de enfrontamento

co novo réxime alemán do III Reich, ata o

punto de aceptar colocar á cabeza da Escola

Psicanalítica un psiquiatra non xudeu.

En realidade, que Sigmund Freud era un

home de concepcións políticas conservadoras,

e que a mesma teoría psicanalítica, segundo

este a concibiu, tiña un carácter eminentemente

conservador, moi distante da lectura

que posteriormente farían, por exemplo, os

freudomarxistas da Escola de Frankfurt, é algo

ben coñecido. Freud era moi consciente do que

as súas ideas tiñan de desafío contra a maior

parte das concepcións dominantes na ciencia

da súa época, mentres que simultaneamente

aspiraba a que fosen recoñecidas con todas

as beizóns e predicamentos favorables que a

ciencia oficial reservaba para o “confirmado”

ou “establecido”.

Esta tensión marca tamén a inserción política

da psicanálise. Interpretar, no sentido

que parece facer Onfray, o pesimista e absolutamente

desesperanzado berro sobre a condición

humana d’O malestar da cultura, obra

que Freud escribiu baixo a influenza das terribles

matanzas da Primeira Guerra Mundial,

como unha simple reacción anti-ilustrada e

irracionalista, semella unha inxenua volta ás

lecturas do racionalismo ilustrado ao xeito do

Asalto á razón lukacsiano. Algo que sorprende

especialmente en alguén que se presenta

como un lector apaixonado da crítica nietzscheana

da ilustración, liña onde cabe inserir o

texto freudiano.

FrEUD E OS XUDEUS

Seguramente o que resulta especialmente

chocante é a presentación dun Freud, xudeu,

disposto a chegar ás máis humillantes concesións

diante do réxime nazi. En realidade,

a posición de Freud con respecto á súa condición

xudía, resístese a simplificacións. Freud

é un xudeu non practicante, autor de textos

que a comunidade relixiosa xudía verá como

auténticas blasfemias (léase Moisés e a relixión

monoteísta) e responsable dunha das concepcións

materialistas da relixión máis influente

na nosa época, como por certo Onfray, autor

dun popular Tratado de ateoloxía, ben sabe.

Pero a interpretación que este fai do freudismo

como expresión do “nihilismo da época” condúceo

a culpalo de aliado intelectual do nazismo

e finalmente de unificar a vítimas e verdugos,

ao situar nun mesmo plano, desprovisto

de calquera distanciamento ético, os desaparecidos

nos fornos crematorios de Austwitz

(entre eles, as dúas irmás do doutor vienés) e

os oficiais nazis que dirixían o campo.

Como se fai esta equiparación? Mediante

un moi discutible salto analóxico. Da tese psi-

21 1

proSpección Crítica //

canalítica da indefinición entre doente psíquico

e persoa sa –xa en si mesma cuestionable:

non é o mesmo dicir que a psicanálise reduce

a distancia entre doente psíquico e individuo

san, o que é certo, que asegurar que elimina

absolutamente esa distancia, algo ben máis

discutible– pasa Onfray a establecer que esa

indistinción se traduce na indistinción paralela

entre vítimas e verdugos. Podería aceptarse

unha certa equivalencia (nunca identidade)

entre “doente” e “vítima”, pero en base a que a

do “san” e o “verdugo”...?

DO FrEUDOMArXISMO AO BIOPODEr

Na miña opinión, o carácter unilateral do ataque

de Onfray evidénciase no tratamento do

posfreudismo. Exime da descualificación que

aplica a Freud, aos freudomarxistas Reich e

Marcuse, e mesmo á relectura existencial da

psicanálise que efectúa Sartre. Por que? Só

atopo unha explicación: porque as propostas

ideolóxicas, políticas, destes autores, coinciden

coas do propio Onfray. Agora ben, como

se pode salvar a estes autores sen levantar

previamente a condena, cando menos parcial,

de quen os inspirou? Cando Onfray denuncia

que só quen non ten lido a Freud pode colocar

o seu retrato a carón dos de Marx ou o Che,

non habería que estender a mesma crítica aos

Reich, Marcuse e Sartre?

Coido que é aquí onde naufraga especialmente

o traballo de Onfray. Poida que non sobren

as críticas da sacralización ou mitoloxización

da figura de Freud. Pero non parece que

a necesaria operación de desmitoloxización

se deba efectuar mediante unha simple inversión

demonizadora. Neste sentido, sorprende

que Onfray non tome máis en conta unha das

direccións críticas co freudismo que, na miña

opinión, resulta máis reveladora, xustamente

porque apunta, non ás súas insuficiencias,

senón ao que encerra de problemática a súa

mesma positividade. Isto é: antes de denunciar

que a psicanálise non ofrece aquilo que

promete, que é unha fraude, como proclama

Michel Onfray, trataríase máis ben de situar

o seu éxito –porque ese éxito existe, como o

propio Onfray recoñece–, na senda da crítica

foucaultiana da teoría clásica do poder. Así, tal

e como propón Deleuze no Antiedipo, a psicanálise

aparecería como un dispositivo máis ao

servizo da administración dos corpos e da vida

por parte do biopoder que caracteriza as sociedades

contemporáneas.

Este podería ser un enfoque crítico para resituar

á psicanálise hoxe. Pero non foi o camiño

escollido por Onfray. El preferiu chamar a

atención sobre as pequenas miserias do home

Freud no canto de investigar sobre as grandes

luces e sombras que proxecta a súa obra.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!