15.05.2013 Views

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Unha cinta de Möbius

narrativa A novela póstuma de Xoán Manuel Casado

deita desacougo e resaibo de nouvelle vague

A

Nosa Terra recupera unha

novela curta ata o de agora

inédita de Xoán Manuel

Casado, o autor catalán

que nunca abandonou o galego. Declarou

o crítico Xesús González Gómez

arredor desta peza que se trata

de “literatura pura, concentrada,

dirixida a xente acostumada a ler”.

Despois dunha lectura atenta desta

novela póstuma, as palabras do crítico

toman o sentido dun material

de análise: 114 páxinas limitan tanto

a vaguidade coma os elementos

accesorios pero, implican pureza?

Debe a literatura dotarse de integridade

e ortodoxia para acertar? Dar

no cravo cunha produción significa

salvagardar a honra? Quizais sexa

mellor debate para outro foro.

Un guionista de orixe galega fai

a maleta e viaxa desde Francia ata

algunha aldea do interior de Galicia

co fin, sempre pouco preciso, de coñecer

a historia do seu pai asasinado

en 1936. Poden correr os anos oitenta

ou noventa do século pasado.

En segunda persoa de comezo a fin,

o protagonista deixa Muriel, a úni-

ca personaxe nomeada do conxunto,

en París e entra na paisaxe erma,

con aire arruinado e antigo, dun rural

galego sombreado pola calor de,

quizais, agosto. Se os acontecementos

transcorren en Galicia, o ritmo

da narración, o constante relato en

segunda persoa, as alusións a Francia,

ou a profesión do protagonista

remiten de cerca a algunha paisaxe

da nouvelle vague. Unha intranquilidade

lenta se cadra máis propia de

Eric Rohmer ca de Godard.

Pero non é esta unha novela sobre

a guerra civil vista con ollos parisienses,

ou barceloneses, pois non

é unha novela sobre a guerra civil

e sería interesante preguntarse se

constitúe ou non unha novela. O autor

céntrase en describir o desasosego

existencial (Francia, de novo)

dun protagonista que busca respostas,

pois el é un guionista do século

XX, máis en concreto das vangardas

intelectuais dos anos setenta que

abandonaron o comunismo para

afondar nun individualismo existencialista

que considera, coma o protagonista

desta peza, que a morte

Volta e revolta ·

Xoán Manuel

Casado ·

A Nosa Terra, 2010 ·

114 páx · 12 euros

colectiva, unha guerra, un combate,

unha revolución, unha resistencia,

etc. , non se parece demasiado

á morte porque lle resta peculiaridade.

O amante de Muriel chega,

entón, a unha Galicia hostil, chea

de silencios e secretos, para buscar,

dixemos, respostas a unha realidade

carente de sentido. Non se trata,

entón, da personaxe escindida, divisible,

fragmentada, múltiple... que

cabería esperar se se tratase dunha

figura do século XXI, senón que observamos

un protagonista unitario

que fai preguntas para obter respostas

pero, para fortuna da narración,

estas non chegan e a suposta novela

convértese nun xogo de dúas caras,

ou dunha soa, levado con precisión

e acerto.

O xogo existe entre os seguintes

elementos: o guión que debe rematar

o protagonista durante a súa estancia

en Galicia arredor da vida e morte

de seu pai, a historia coa que o protagonista

se encontra e que lle crea

problemas á hora de levala á ficción

e a propia vida do personaxe principal,

que chega a confundirse coa do

pai, isto é, xa que logo, tamén coa do

protagonista do guión que el mesmo

proPostas Crítica //

Walking Away // Lauren nassef

está escribindo. Os distintos niveis

deste metarrelato relaciónanse con

intelixencia, de tal xeito que só será

contra a última parte do texto cando

descubramos a armazón de curvas

que conflúen nun final en espiral cargado

dunha violencia tan silenciosa

e rotunda como as agullas do reloxo

avanzando no tempo dun relato longo,

dun conto redondo.

// Oriana Méndez Fuentes

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!