15.05.2013 Views

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O que segue ao silencio

Poesía David Rodríguez concentra o poema no verso

breve, lapidario, aberto ás outras artes

Da particular idea da escrita

con que funciona David

Rodríguez tiñamos

noticia, antes da publicación

deste primeiro libro de poemas,

a través de dúas canles fundamentais.

Por un lado, das liñas dedicadas

á reflexión e á proxección sobre o es-

cenario galego dalgúns dos debates

do pensamento contemporáneo no

blogue O funambulista coxo (http://

ofunambulistacoxo.blogspot.com).

Polo outro, do éxito obtido coas

súas obras de teatro radiofónico no

premio convocado polo Diario Cultural

da Radio Galega (gañador da pri-

Estatua grega //eduardo Irago

meira edición, con O bambán, e finalista

na edición de 2010 con Nunca

me esquecerei de ti).

O tránsito entre xéneros e horizontes

discursivos non comporta,

con todo, correlacións unívocas e

monocordes entre unhas prácticas

literarias e outras. A poesía de La-

pidarias propón, de entrada, unha

ponte que é a un tempo estética e

hermenéutica entre a literatura e as

outras artes. En primeiro lugar, pola

inquisitiva presenza das fotografías

de Eduardo Irago acompañando os

textos do autor. Mais tamén pola

recorrencia á obra de arte como referencia

para unha escrita en que a

reflexión sobre a estética como coñecemento

sensíbel, o ollar ou a representación

teñen un lugar visíbel

(“Ollos de Bizancio mirádeme de esguello

// O que máis temo: // perderme

para sempre fitando de fronte os

meus ollos no espello”).

A aposta estilística e discursiva

do libro, partidaria do poema breve

e conciso, do adelgazamento expresivo

e, en relación con estes trazos,

da incorporación do silencio ao

texto e da escolla do enxeño e da

contradición como fórmulas para

a resolución do poema, non semella

desconectada de toda unha

tradición literaria en que brevidade,

pensamento e moralidade funcionaron

ao compás. Estou a pensar

no tipo de literatura coñecida

como literatura gnómica que, con

procedementos non distantes do

aforismo, a sentenza ou a máxima,

aspira á transmisión da sabedoría.

Con aperturas posíbeis, ademais,

tanto ao criptográfico e o enigmático

como á agudeza habitual dos

epigramas (“Murmuro para que se

me escoite”; “Escribir fracaso: / o

meu triunfo”).

proPostas Crítica //

Algo de todo iso hai no poemario

dun David Rodríguez que, desde o

mesmo título, marcou tamén relación

co xénero lapidario. É dicir, con

aquela escrita gravada na pedra, destinada

á permanencia e a transcendencia

e que na súa realización como

epitafio foi habilmente explorada por

Miguel Anxo Murado (Lapidario dos

heterodoxos, 1990; Lapidario, 2004). E

tamén co significado que o termo coñece

na actualidade como sinónimo

de cortante, preciso, rotundo, sobrio

ou solemne (“Ás veces é bo calar / a

vida é máis curta que as palabras”).

Son trazos todos orientados á

articulación dun determinado esquema

de pensamento, sempre

enunciado en primeira persoa, preocupado

pola exploración da escrita

poética como horizonte e límite

da intelixencia e tensado, en última

instancia, por unha existencia paradoxal

en que o íntimo e inextricábel

–os versos negros– ten as marcas

da dor e da derrota. Dedícase tamén

ao amor: “Igual que ao peixe

espetado no anzol / amada miña /

crávasme os teus labios / ao tentar

soltarme”. // Isaac Lourido

Lapidarias.

Os versos escuros ·

David Rodríguez·

Xerais, 2010 ·

136 páx · 14,15 euros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!