15.05.2013 Views

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Crítica

a sua superaçom. Levamos dous séculos de

progresso e este é o repto que debemos enfrentar:

sair da súa matriz envolvemente”, insisten

os redactores d’A defesa da Terra.

Sen abordar as implicacións filosóficas da renuncia

á idea de progreso, labor que si realiza

o colectivo da Escola Popular Galega, Carlos

Taibo dedícase en Decrescimento, crise, capitalismo

á divulgación das teses decrecentistas.

O profesor da Universidade Autónoma de

Madrid bota man do seu proverbial didactismo

e degraña o programa popularizado por

Latouche nas páxinas de Le Monde Diplomatique.

“Aquele que acredita que um crecimento

exponencial pode manterse indefinidamente

num mundo finito”, cita a Kenneth Boulding,

“é um louco ou é um economista”. Ao cabo,

a desmontaxe da ideoloxía dominante, a súa

linguaxe e os seus lugares comúns, non é a

menor das tarefas que se impón o decrecentismo.

Que a oposición ao crecemento pase

de blasfemia a palabra de orde.

O libro de Taibo, por contra de A defesa da

Terra e a dialéctica do progresso, deixa a un

lado a cuestión política e non se ocupa do

poder. Da man dunha batería de datos, porcentaxes

globais e citas procedente da literatura

oposta á acumulación de capital, constrúe

un chan argumental para a necesidade

de reducir os niveis de consumo no occidente,

pero nunca atinxe as medidas concretas,

máis alá dunha vaga moralidade individual.

Tampouco convoca as teses ecosocialistas

sintetizadas por Michael Lowy á esquerda da

Europa Ecologie e os seus epígonos peninsulares.

“James O’Connor define como ecosocialistas

as teorías e os movementos que aspiran

a subordinar o valor de cambio ao valor

de uso”, resume Lowy en Escenarios do peor

e alternativa ecosocialista. Máis polo miúdo,

para o autor brasileiro-francés, o decrecemento

constrúese a partir de tarefas concretas:

a propiedade colectiva dos medios de

produción e dos investimentos ou unha nova

estrutura tecnolóxica das forzas produtivas.

A prohibición da publicidade, tamén mencionada

por Carlos Taibo, non resultaría a menos

central das demandas ideolóxicas desta

política anticapitalista á que lle apón, amais,

esixencias inmediatas: a loita contra o sistema

de débedas e axustes das institucións financeiras

internacionais, o desenvolvemento

subsidiado da bioagricultura, a redución da

xornada laboral, a promoción do transporte

público. O ecosocialismo afástase do ecoloxismo

integrado porque nega estratexicamente

o traballo asalariado.

Ao tratar, precisamente, da necesidade do

transporte colectivo, Carlos Taibo cualifica,

en Decrescimento, crise, capitalismo, de patética

a concentración que o BNG convocou na

raia zamorá en 2008. Os nacionalistas parlamentarios

esixían a aceleración das obras

do tren de alta velocidade entre Galicia e Madrid.

A dimensión clasista da infraestrutura,

o custo ambiental e a relegación do camiño

de ferro de pequena distancia –o máis operativo

para a realidade social e xeográfica do

país– desapareceron do centro das axendas,

empuxados a un tempo polo aggiornamento

e pola presión mediática. A anécdota cadra

as análises de Taibo coa fundada e radical

acusación d’A defesa da Terra: “Á luz das

mudanças profundas havidas nas últimas décadas,

está claro que o projecto do nacionalismo

modernizador-autonomista tornou-se

mais obsoleto que nunca. Continuar a brincar

a burguesia-locomotora con mais de 80

anos de retraso!”.

O decrecemento axe, así, contra a linguaxe

infectada do capitalismo verde. “O concepto

Transforma implica a posta en marcha de iniciativas

de alcance social baseadas na sostibilidade

ambiental e na difusión de conceptos

de responsabilidade ambiental”, consignaba

a web do festival Vigo Tranforma, “desta

forma, poñeranse en funcionamento unha

serie de medidas destinadas a minimizar o

impacto ambiental producido polo festival

[...]”. O progreso segundo o consenso do capital

comeza a aceptar emendas naturalistas,

matices menos agresivos, integra a crítica feble

e busca continuar a acumulación de mercadoría

a través das oportunidades de negocio

que abre o ecoloxismo institucional. A advertencia

de Walter Benjamin, un dos pensadores

marxistas que antes atendeu aos límites

naturais da expropiación capitalista, se-

proTagonista Crítica //

Manifestación de Galiza Non se Vende, fotomontaxe // Fernando de Paz

gue a conformar o horizonte revolucionario:

non botar máis carbón á locomotora, senón

tirar do freo de emerxencia. Ao cabo, en oposición

ao exceso de traballo que Carlos Taibo

constata no mundo actual, trátase de instaurar

o dereito á preguiza. Karl Marx e Federich

Engels describírono n’A Ideoloxía Alemá: “Na

sociedade comunista ninguén ten un tipo de

actividade exclusiva e calquera pode perfeccionarse

na rama que máis lle praza [...] isto

abre a posibilidade de facer hoxe tal cousa, e

mañá tal outra, podo cazar pola mañá, pescar

ao mediodía, practicar o ensino pola tarde,

dedicarme á crítica logo de cear, todo de

acordo co meu desexo e sen a necesidade de

mudar en cazador, pescador ou crítico”.

A defesa da Terra

e a dialéctica do progresso·

Escola Popular Galega (Área

Movementos Sociais) e

Galizalivre.org, 2010 ·

224 páx · 10 euros

Decrescimento, crise,

capitalismo ·

Carlos Taibo ·

Estaleiro Editora, 2010 ·

142 páx · 6 euros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!