15.05.2013 Views

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

proNome En

emilio José

«non leo por gusto,

senón á procura»

2009 conseguiu as louvanzas da crítica estatal polo seu disco

Chorando apréndese e situouse con éxito no panorama da

música indie. Nel, como nas súas lecturas, desborda o gusto

pola mestura. Do pop naif á samba ou á música clásica, do

marqués de Sade ao Corán, de Xiana Arias aos comentarios do

marca.com, de Ezra Pound ás novelas americanas de a peso.

Como entrar nunha estrada descoñecida sen gps. As súas respostas

atraen sempre por saírse do previsíbel. // Belén Puñal

En Chorando apréndese queda claro que

tes gusto pola mestura. E nas lecturas?

Non é que me guste nada en concreto,

intento coller de todo. Remítome ao que

di mil veces o marqués de Sade, que non

cre no gusto e que non ten sentido cerrarse

só nunha cousa.

Es lector de Sade?

Sade interésame como gran xenio que é.

A partir da película de Pasolini sobre un

dos seus libros, Os 120 días de Sodoma,

empeceino a ver con outros ollos, porque

a imaxe que se ten del escurece moito a

súa obra. Luis Buñuel, cando leu a Sade,

dixo que todo o que até ese momento

lera non valera para nada. E entón pensei

que se Buñuel dixera iso…

…habería que lelo.

O meu libro preferido del segue sendo

Os 120 días de Sodoma, grandioso no

sentido artístico, na vertente imaxinativa.

Como lectura é alucinante. Non entendo

como a xente pode escribir aínda

novelas quixotescas, nas que xa sabes o

que vai pasar dez páxinas antes de que

aconteza.

Gustas de mesturar varias lecturas á vez?

Si claro. Agora mesmo estou lendo Estrella

a toda costa (Alianza, 2008). É unha

libro marabilloso, unha novela destas

que semellan estúpidas a primeira vista,

destes libros que só valen uns euros,

tipo novela rosa, de autores americanos

ou normalmente autoras. Desta caste de

libros que estás lendo e pregúntaste por

que. Mais no fondo eu creo que están

máis en contacto co mundo que O código

da Vinci.

Entre as influencias que citas na túa

páxina de myspace, refíreste de feito

aos libros de peto…

Si. Hoxe en día non leo por gusto senón

á procura dun resorte de inspiración. Cos

libros de peto pásame como cos discos

de serie media. De repente ves na librería

ese libro que nunca viches, que a saber

de onde saíu, cómpralo por tres euros ou

catro e sempre sacas algo de aí. É como

unha forma de desviarse do canon cultural.

Igual é un pouco inxenuo…

Que outras cousas estás a ler neste

momento?

Un dos meus libros favoritos é, do nobel

chinés Gao Xingjian, A montaña da

alma, e a el volvo de cando en vez. Leo

moita poesía e n'A montaña da alma,

malia a ser novela, hai partes que son

un poema. Mais coido que a semente

da poesía actual son os comentarios do

marca.com.

E logo?

É marabilloso. Sabes a cantidade de insultos

elaboradísimos e novos que se

encontran alí? É como esta novela, Estrella

a toda costa. Podes lela a páxina

por segundo, pero de vez en canto encóntraste

cunha frase que vale por trinta

novelas.

Houbo algún libro que influíse dunha

maneira máis directa no proceso de elaboración

do teu disco?

Non. Aínda que, por momentos, o Corán.

A Biblia, que tamén teño por un gran libro,

paréceme así e todo novelesca fronte

ao Corán, que é poético. O Corán está

entre os meus dous libros favoritos, xunto

cos Cantos de Ezra Pound. Cando fixen

o disco, tamén estaba lendo bastante,

influenciado polos Cantos, sobre políticos

americanos da fundación dos Estados

Unidos.

Falas moito no teu disco do abandono

do rural. Vivir na aldea condiciona. Tamén

as lecturas?

Non é o mesmo ca estar nunha cidade con

bibliotecas como a Xeral da Universidade

de Santiago, onde podes atopar todo ou

case. Hoxe en día está internet e Amazon,

pero aínda así non podes comprar todo o

que les. E das librarías xa nin falar…

No teu traballo recorres moito aos samples.

E se tiveras que escoller un sample

literario, unha cita?

2

proNome Crítica //

Emilio José é músico //Arquivo do autor

Esta a mítica de Paul Valéry: “Que pode

un home?”. Lin moito del e esa cita gústame

moito.

Algún autor ou autora en galego polo

que teñas preferencia?

Xiana Arias. O último que comprei dela foi

o seu poemario máis recente, Acusación.

E algún outro máis?

Habitualmente en galego non leo. Iso tamén

se aplica ao galego que falo. Se algún

día tivese fillos, esforzaríame porque visen

cousas en galego e falasen correctamente.

Pero, cando estudei, o que lin, fóra das lecturas

de instituto, fóra de autores como de

Toro e Rivas, estaba en español porque non

había versión en galego. Creo que se hoxe

lese todo en galego, esquecéndome das

cousas que tiven que ler en español, porque

non as había en galego, sería como se empezase

a falar en galego normativo. É como

borrar o pasado que me fixo ser como son.

Sería como crear unha ilusión de que podo

vivir en galego cando non é certo. Se fose

concelleiro de cultura, destinaría o 99 por

cento do diñeiro a traducir ao galego.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!