15.05.2013 Views

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PROXECTO DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA CASA DE CULTURA DE O SEIXO. CONCELLO DE TOMIÑO

PREGO DE CONDICIÓNS

polo propio fabricante. Admitirase a incorporación dun aditivo plastificante e/ou controlador de fraguado sempre

que se xustifique, mediante ensaios previos, que tal substancia, agregada nas doses establecidas, produce o

resultado desexado sen efectos nocivos.

Non se confeccionará pasta cando a temperatura da auga de amasado ou a temperatura ambiente no lugar de

utilización da pasta sexa inferior a 5º C.

Para a preparación a man do morteiro, poñerase a auga nun recipiente estanco e de doado manexo; sobre a auga

espolvoreará se o xeso e, a continuación, baterase ata conseguir unha mestura homoxénea.

Limparanse os útiles de amasado cada vez que se vaia confeccionar un novo morteiro.

Condicións xerais de execución:

Antes de comezar os traballos:

As superficies a revestir limparanse e humedecerán.

Teranse recibido os cercos de portas e ventás.

Repararanse os danos que puidesen ter os teitos e paredes.

Reforzaranse, con tea metálica galvanizada ou malla de fibra de vidro indesmaiable, os encontros entre materiais

distintos, particularmente, entre elementos estruturais e cerramentos ou particións, susceptibles de producir fisuras

no revestimento; a devandita tea colocarase tensa e fixada ao soporte con lapela mínima de 10 cm. a ambos os

dous lados da liña de descontinuidade.

Os muros exteriores estarán rematados e mesmo revestidos exteriormente, se é o caso.

Deberá estar rematada a cuberta do edificio ou ter, polo menos, tres forxados executados sobre a planta sobre a

planta en que se vai realizar a aplicación.

Durante a execución:

Amasarase a cantidade de pasta que se estime pode aplicarse en óptimas condicións antes de que se inicie o

fraguado; non se admitirá a adición de auga unha vez amasado. Evitaranse golpes e vibracións que poidan afectar

á pasta durante o seu amasado.

Nas arestas verticais de esquina colocaranse guardavivos.

Nos cantos, esquinas e gornicións de ocos dispoñeranse mestras verticais formadas por bandas de xeso de 12 ou

15 mm. de espesor (segundo se trate de gornecido ou tendido, respectivamente). Nos teitos, realizarase un

maestreado en todo o perímetro do pano, formado por bandas de xeso de iguais características que nos panos

verticais. A distancia entre mestras dun mesmo pano non será superior a 3 m. e as caras vistas das mestras dun

pano estarán contidas no mesmo plano.

Despois da execución:

Non se fixarán elementos no paramento revestido ata que fragüe totalmente e non presente síntomas de

humidade.

Execución de tendido de xeso en paredes e/ou teitos:

Realizarase tendido de xeso cando o rematado do paramento deba realizarse con materiais de escaso espesor ou

análogo poder cubriente (pinturas rugosas, papel de pouco corpo, etc.).

Utilizarase pasta de xeso YG, cuxa aplicación se realizará inmediatamente despois do seu amasado.

Unha vez humedecida a superficie a revestir, estenderase a pasta entre mestras, apertándoa contra o paramento

ata enrasar con elas. O espesor resultante será de 15 mm. Antes do final do fraguado, darase un repaso con pasta

do mesmo xeso pasado, previamente, polo baruto de 0,2 mm.

SERVIZO DE URBANISMO DO CONCELLO DE TOMIÑO 104

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!