15.05.2013 Views

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PROXECTO DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA CASA DE CULTURA DE O SEIXO. CONCELLO DE TOMIÑO

PREGO DE CONDICIÓNS

- Os revestimentos demoleranse en compañía e á vez que o seu soporte, sexa tabique ou muro, a menos que se

pretenda o seu aproveitamento ou o do soporte, en cuxo caso, respectivamente, se demolerán antes da demolición

do edificio ou antes da aplicación de novo revestimento no soporte.

- Para o picado de revestimentos e aplacado de fachadas ou paramentos exterior do cerramento instalaranse

estadas, perfectamente ancorados e arriostrados ao edificio; constituirán a plataforma de traballo nos devanditos

traballos e cumprirá toda a normativa que lle sexa afecta tanto na súa instalación coma nas medidas de protección

colectiva, varandas, etc.

- O sentido dos traballos é independente; non obstante, é aconsellable que todos os operarios que participen neles

se achen no mesmo nivel ou, noutro caso, non se achen no mesmo plano vertical nin onde poidan ser afectados

polos materiais desprendidos do soporte.

NORMATIVA

- Lei de Prevención de Riscos Laborais (Lei 31/95)

- Ordenanza Xeral de Seguridade e Hixiene no Traballo (Título II)

- Ordenanza do Traballo de Construción, Vidro e Cerámica:

- Normas xerais (arts. 165 a 176)

- Normas para traballos de construción relativos a demolicións (arts. 187 a 245)

- Normativa específica (arts. 266 a 272)

- Prego Xeral de Condicións Varias de la Edificación: Cap.III - Epígrafe 8º

- NTE-ADD: "Demolicións" (*)

- Ordenanzas Municipais que, en cada caso, sexan de aplicación

(*) Normativa recomendada.

CONTROL

Serán obxecto de control a orde, a forma de execución e os medios a empregar, non aceptándose que estes poidan

diferir do especificado ou das instrucións impartidas pola Dirección Técnica.

Levarase a cabo un control por cada 200 m² de planta e, polo menos, un por planta.

Prestarase especial atención nos seguintes puntos críticos:

- Acumulación de entullos sobre as estadas e plataformas de traballo.

- Debilitamento do soporte do que se retira o revestimento.

A Dirección Técnica deixará constancia expresa de calquera anomalía ou incidencia que detecte no correspondente

índice de control e vixilancia e trazará, a continuación, as pautas de corrección necesarias.

SEGURIDADE

Facilitarase a ferramenta e medios auxiliares axeitados para a realización destes traballos.

Teranse en conta todas as prescricións tendentes a conseguir a máxima seguridade dos operarios e que se indican

no apartado correspondente de Demolicións en xeral. Entre elas citaremos:

- Provisión de medidas de protección persoal aos operarios (lentes, luvas...).

- Instalación de medidas de protección colectiva tanto en relación cos operarios encargados dos traballos coma con

terceiras persoas ou edificios (redes, lonas, etc.).

- Protección de edificios lindantes se son máis baixos que aquel do que se retiran os revestimentos mediante a

instalación de viseiras de protección.

- Protección da vía pública ou zonas lindantes e a súa sinalización.

- Instalación de redes ou viseiras de protección para viandantes e lonas cortapolvo e protectoras ante a caída de

entullos.

SERVIZO DE URBANISMO DO CONCELLO DE TOMIÑO 83

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!