15.05.2013 Views

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PROXECTO DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA CASA DE CULTURA DE O SEIXO. CONCELLO DE TOMIÑO

PREGO DE CONDICIÓNS

Finalmente, incluirá tamén a demolición de cerramentos prefabricados.

CONDICIÓNS PREVIAS

- Antes do inicio das actividades de demolición comprobarase que os medios auxiliares a utilizar, mecánicos ou

manuais, reúnen as condicións de cantidade e calidade especificadas no plan de demolición.

- Esta comprobación estenderase a todos os medios dispoñibles constantemente na obra, especificados ou non na

normativa aplicable de hixiene e seguridade no traballo, que poidan servir para eventualidades ou socorrer os

operarios que poidan accidentarse.

- En xeral, teranse demolido previamente os elementos que apoien no muro (cerchas, bóvedas, forxados, carreiras,

encadeados, zunchos, etc.).

- Cando se trate de cerramentos prefabricados retiraranse previamente todos os vidros existentes.

EXECUCIÓN

A orde e medios a empregar axustaranse ás prescricións establecidas no proxecto e ás ordes da Dirección Técnica.

No seu defecto, teranse en conta as seguintes premisas:

- A demolición por medios manuais efectuarase planta a planta, é dicir, sen deixar máis dunha altura de piso con

estrutura horizontal desmontada e muros ao aire. Como norma práctica se pode aplicar que a altura dun muro non

deberá ser nunca superior a 20 veces o seu espesor.

- Alixeirarase simetricamente a carga que gravita sobre os cargaderos e arcos dos ocos antes de demolelos. Nos

arcos equilibraranse os posibles empurres laterais e apearanse sen cortar os tirantes existentes ata a súa

demolición.

- A medida que avance a demolición do muro iranse erguendo os cercos, peitorís e impostas. En muros compostos

de varias capas pódese suprimir algunha delas (chapados, azulexados, etc.) en todo o edificio sempre que non

afecte nin á resistencia e estabilidade deste nin ás do propio muro. En muros de armazón de madeira, como norma

xeral, desmontaranse os dormentes antes de demoler o material de recheo.

- Cando se trate dun muro de formigón armado demolerase, en xeral, coma se se tratase de varios soportes,

despois de ser cortado en franxas verticais de ancho e alto inferiores a 1 e 4 metros respectivamente. Permitirase

abater a peza cando se corten, polo lugar de abatemento, as armaduras verticais dunha das súas caras mantendo

sen cortar as da outra co fin de que actúen de eixe de xiro e que se cortarán unha vez abatida.

- Non se deixarán muros cegos sen arriostrar ou apuntalar cando superen unha altura superior a 7 veces o seu

espesor.

- Poderase desmontar a totalidade dos cerramentos prefabricados cando non se debiliten os elementos estruturais.

- A demolición destes elementos construtivos poderase levar a cabo por medios mecánicos sempre que se dean as

circunstancias que condicionan o emprego destes e que se sinalan no apartado correspondente das Demolicións en

xeral.

NORMATIVA

- Lei de Prevención de Riscos Laborais (Lei 31/95)

- Ordenanza Xeral de Seguridade e Hixiene no Traballo (Título II)

- Ordenanza do Traballo de Construción, Vidro e Cerámica:

- Normas xerais (arts. 165 a 176)

- Normas para traballos de construción relativos a demolicións (arts. 187 a 245)

- Normativa específica (arts. 266 a 272)

- Prego Xeral de Condicións Varias de la Edificación: Cap.III - Epígrafe 8º

SERVIZO DE URBANISMO DO CONCELLO DE TOMIÑO 78

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!