15.05.2013 Views

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PROXECTO DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA CASA DE CULTURA DE O SEIXO. CONCELLO DE TOMIÑO

PREGO DE CONDICIÓNS

Perfís de aliaxe de aluminio, segundo norma UNE38337 de tratamento 5 OST 5 con espesor medio mínimo 1.50

mm. Serán de cor uniforme e non presentarán curvaturas, fisuras nin deformacións, e os seus eixes serán

rectilíneos. Levarán unha capa de anodizado.

As patillas de ancoraxe e os machos dos gonzos virán colocados de taller, sendo aqueles dun milímetro (1 mm.) de

espesor mínimo e colocados á mesma altura, non separándose mais de seiscentos milímetros (600 mm.) entre eles,

nin douscentos milímetros (200 mm.) dos extremos

As molduras estreitas serán de aliaxe de aluminio de 1 mm de espesor mínimo. Colocaranse a presión no propio

perfil e en toda a súa lonxitude.

As unións entre perfís faranse por medio de soldadura ou escuadras interiores, unidas aos perfís por parafusos,

remaches ou ensambladura a presión.

Os eixes dos perfís encontraranse nun mesmo plano, e os seus encontros formarán ángulo recto; os planos

formados pola folla e o cerco serán paralelos.

Protección anódica mínima do perfil: de 15 a 22 microns, segundo agresividade do ambiente, e sempre cumprirá as

especificacións do proxecto.

Todas as ferraxes e accesorios serán de material inoxidable, e non susceptibles de producir efectos electrolíticos nin

pares galvánicos.

NORMATIVA

NTEFCL. Fachadas. Carpintaría de aliaxes lixeiras.

Normas UNE: 3801172, 3801372, 3801782 1 R, 3801782 1 R ERRATUM, 3833782 2 R, 3800185 2 R, 3801286 1 R,

3801690 1 R, 3800291 2 R, 3801491 1 R, 3801591 1 R.

CONTROL

Para o control realizarase unha inspección por cada dez portas ou fracción, da fixación do cerco comprobando:

Non exista contacto directo co morteiro fresco ao realizar o recibido do perfil. Se non se dispón de precerco o cerco

terá protección de laca vinílica ou acrílica.

Serán condicións de non aceptación:

Derrubamento do precerco, de dous milímetros nun metro (2 mm. en 1 m.).

Non estar enrasada a carpintaría co paramento, a súa variación maior de dous milímetros (2 mm.).

Aparafusado incorrecto ou utilización de parafusos de diferente metal sen separadores.

Selado deficiente.

Realizaranse así mesmo probas de servizo e estanquidade.

A proba de servizo realizarase mediante a apertura e peche da parte practicable da porta, non aceptándose cando

se comprobe un funcionamento deficiente do mecanismo de manobra e peche.

A proba de estanquidade realizarase mediante un difusor de ducha, proxectando auga en forma de chuvia sobre a

porta recibida e acritalar. O ensaio manterase durante 8 horas, desbotándose aquelas portas con penetración de

auga ao interior.

MEDICIÓN

A medición e valoración realizarase por unidade de porta (para recibir acristalamento, se é o caso), realizada con

perfís de aliaxe de aluminio, indicando características dos perfís e o anodizado ou tipo de tratamento destes.

Incluirase no prezo o corte, a elaboración, montaxe, selado de unións e limpeza segundo NTEFCL, así como

calquera outra circunstancia ou manipulación necesaria para deixar a porta en condicións de uso.

SERVIZO DE URBANISMO DO CONCELLO DE TOMIÑO 117

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!