15.05.2013 Views

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PROXECTO DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA CASA DE CULTURA DE O SEIXO. CONCELLO DE TOMIÑO

PREGO DE CONDICIÓNS

- Protección dos accesos ao edificio mediante pasadizos cubertos.

- Anulación das instalacións que discorran polos paramentos sobre os que se vaia actuar.

O emprego de compresores, martelos pneumáticos, eléctricos ou calquera medio auxiliar que produza vibracións

deberá ser previamente autorizado pola Dirección Técnica.

Ao finalizar a xornada non deben quedar elementos que poidan desprenderse de forma espontánea ou por axentes

atmosféricos lesivos (vento, chuvia, etc.); protexeranse destes, mediante lonas ou plásticos, as zonas do edificio

que poidan verse afectadas.

MEDICIÓN

Os criterios a seguir para a medición de calquera tipo de revestimento vertical a suprimir e, mesmo, da limpeza e

preparación de paramentos serán os que aparecen nos enunciados das partidas correspondentes, nos que quedan

definidas tanto a unidade xeométrica considerada máis idónea para medir o elemento, as características e

peculiaridades deste, a utilización de medios mecánicos ou manuais, as inclusións ou exclusións, a recuperación ou

non de materiais e o criterio para levar a cabo a propia medición, aspectos todos eles que inflúen no cálculo do

prezo descomposto.

4.3.4 P01K. - DEMOLICIÓNS. LEVANTADO DE PAVIMENTOS INTERIORES, EXTERIORES E SOLEIRAS

DESCRICIÓN

Demolición progresiva, elemento a elemento, de solados, pavimentos e escaleiras interiores; pavimentos,

beirarrúas, bordos e elementos similares de exterior, así como soleiras (xeralmente de formigón), no marco da

demolición total ou parcial do edificio ou dos viais afectos, en construcións que non presenten síntomas de ruína

inminente.

Comprende tamén a demolición dalgúns dos elementos citados mediante o emprego de medios mecánicos

(retroescavadoras, retromartillos, etc.).

CONDICIÓNS PREVIAS

- Antes do inicio das actividades de demolición comprobarase que os medios auxiliares a utilizar, mecánicos ou

manuais, reúnen as condicións de cantidade e calidade especificadas no plan de demolición.

- Esta comprobación estenderase a todos os medios dispoñibles constantemente na obra, especificados ou non na

normativa aplicable de hixiene e seguridade no traballo, que poidan servir para eventualidades ou socorrer os

operarios que poidan accidentarse.

- Todas as escaleiras e pasarelas que se usen para o tránsito estarán libres de obstáculos ata o momento da súa

demolición. Antes da demolición do peldañeado comprobarase o estado da bóveda ou lousa da escaleira.

- Nos casos en que se vaia efectuar a demolición de viais, beirarrúas, soleiras e solados de planta baixa ou sotos,

etc., investigarase se existen conducións enterradas que poidan atravesar o soar ou as rúas afectadas (conducións

de auga, gas, electricidade, saneamento, etc.). Coñecidos estes servizos e notificadas as obras á/s respectiva/s

compañía/s ou organismo/s, determinarase se procede o seu desvío ou se unicamente cabe actuar con precaución

sen modificar o seu trazado. En todo caso, anularase previamente aquela subministración que sexa susceptible de

ocasionar algún tipo de dano ou accidente.

- Protexeranse, por outro lado, os elementos de Servizo Público (como bocas de rego, tapas e reixas de pozos e

sumidoiros, árbores, farois, etc.), que poidan resultar danados polos medios mecánicos utilizados nos traballos de

demolición de pavimentos exteriores e viais.

EXECUCIÓN

A orde, forma de execución e os medios a empregar axustaranse ás prescricións establecidas no proxecto e ás

ordes da Dirección Técnica. En calquera caso, teranse en conta as seguintes premisas:

SERVIZO DE URBANISMO DO CONCELLO DE TOMIÑO 84

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!