15.05.2013 Views

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PROXECTO DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA CASA DE CULTURA DE O SEIXO. CONCELLO DE TOMIÑO

PREGO DE CONDICIÓNS

Pezas prefabricadas de tipo superficial.......................... 250 m.

A EHE establece tres niveis para o control da execución que dependen do coeficiente de mayoración de accións e

que son:

NIVEL REDUCIDO: Cando gG =1,60 (accións permanentes), e gQ =1,80 (accións variables). Este nivel de control é

de aplicación cando non existe un seguimento continuo e reiterativo da obra. Hai que realizar polo menos unha

inspección por cada lote en que se dividiu a obra.

NIVEL NORMAL: Cando gG =1,50 (accións permanentes), e gQ =1,60 (accións variables). Este nivel de control

externo é de aplicación xeral e esixe a realización de polo menos dúas inspeccións por cada lote.

NIVEL INTENSO: Cando gG =1,35 (accións permanentes), e gQ =1,50 (accións variables). Este nivel de control,

ademais do control de recepción ou externo, esixe que o construtor posúa un sistema de calidade propio, auditar

de forma externa, e que a elaboración da ferralla e os elementos prefabricados, en caso de existir, se realicen en

instalacións industriais fixas e cun sistema de certificación voluntario. Este nivel esixe a realización de tres

inspeccións por cada lote.

PROBAS DE CARGA

A EHE establece tres tipos de proba de carga baixo un Proxecto de Proba de Carga, e as devanditas probas son:

REGULAMENTARIAS: Este tipo de probas de carga son as establecidas nos Regulamentos ou no Prego de

Prescricións Técnicas Particulares da obra. As cargas son as de servizo.

INFORMACION COMPLEMENTARIA: Este tipo de probas de carga son as realizadas cando se produciron cambios na

estrutura ou foi detectado algún tipo de problema. Salvo que se cuestione a seguridade da estrutura, as cargas son

as de servizo.

EVALUACION DA CAPACIDADE RESISTENTE: Este tipo de probas de carga son as realizadas cando se precisa

avaliar a seguridade da estrutura. Debe realizarse por persoal moi especializado. As cargas superan ás de servizo e

chegan ata 0,85 (1,35 G +1,5 Q). Non debe utilizarse en estruturas de menos de 56 días de idade.

CRITERIOS DE ACEPTACION E REXEITAMENTO

Rexeitaranse:

- Os moldes e encofrados de aluminio.

- O uso de gasóleo, graxa corrente ou calquera outro produto análogo.

- A ferralla que non sexa conforme cos planos do Proxecto.

- As armaduras con pintura, graxa ou calquera outra substancia nociva que afecte ao formigón ou á adherencia.

- As armaduras que presenten unha perda de peso maior do 1% despois dun cepillado.

- A ferralla soldada que non estea elaborada en instalacións fixas con aceiro soldable e segundo UNE 36832:97.

- A fixación de estribos por puntos de soldadura unha vez colocada a armadura no encofrado.

- O emprego de aceiros de distinto tipo nunha mesma armadura principal.

- A presenza de aceiros de distinto límite elástico na mesma sección, sen que o indique o Proxecto expresamente.

- A armadura cuxo recubrimento non estea asegurado pola colocación de separadores.

- A colocación de separadores ou calzos que non sexan fabricados ex profeso para esta función.

- O desdobrado en quente, despois de aínda ser autorizado, se non se protexe o formigón das altas temperaturas.

- As altas concentracións de barras dobradas.

- Os estribos que presenten un principio de fisuración nos cóbados de dobrado.

- As armaduras en dúas capas nas que non coincidan verticalmente as barras.

- As armaduras cuxas barras non cumpran as distancias entre si e o encofrado.

- As ancoraxes curvas cuxos diámetros de curvado sexan menores aos establecidos na EHE.

SERVIZO DE URBANISMO DO CONCELLO DE TOMIÑO 95

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!