15.05.2013 Views

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PROXECTO DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA CASA DE CULTURA DE O SEIXO. CONCELLO DE TOMIÑO

PREGO DE CONDICIÓNS

Colocación de bisagras ou gonzos, non se admitirán diferenzas de cota de colocación de mais menos cinco

milímetros (±5 mm.)

Aliñación de bisagras ou gonzos, non se admitirán variacións superiores a dous milímetros (2 mm.)

Porta basculante:

Folgura entre folla e solado, non se admitirán folguras inferiores a oito milímetros (8 mm.), ou maiores de doce

milímetros (12 mm.)

Horizontalidade e/ou parado das guías, non se admitirán variacións superiores a dous milímetros (2 mm.)

Distancia entre guías medida nos seus extremos, non se admitirán diferenzas entre medidas superiores ao dous por

mil (0.2%) da anchura do oco.

Colocación de bisagras ou gonzos non se admitirán diferenzas de cota de colocación superior en máis ou en menos

a cinco milímetros (±5 mm.)

Aliñación de bisagras ou gonzos, non se admitirán variacións superiores a dous milímetros (2 mm.)

MEDICIÓN

A medición e valoración realizarase por unidade de porta (para recibir acristalamento, se é o caso), realizada con

perfís de aceiro, indicando características dos perfís e, no seu caso, o tipo de tratamento destes. Incluirase no prezo

o corte, a elaboración, montaxe, selado de unións e limpeza, así como calquera outro elemento ou operación

necesaria para deixar a porta en condicións de uso.

Indistintamente, poderase realizar a medición e valoración por m² de porta ou superficie do oco a pechar,

considerando e incluíndo os conceptos indicados.

MANTEMENTO

Cada cinco anos (5) en caso de portas interiores ou cada tres anos (3) nas exteriores, así como cando se aprecie

falta de estanquidade, roturas ou mal funcionamento se inspeccionará a carpintaría reparando os defectos achan

aparecido nesta, ou nos seus mecanismos de peche e manobra, e procederase o seu repintado. Anualmente

realizarase unha limpeza con auga e xabón. Evitaranse os cáusticos ou produtos corrosivos, podendo usarse

ocasionalmente amoníaco.

Non se apoiarán sobre a carpintaría pescantes de suxeición de estadas, poleas para elevar cargas ou mobles,

mecanismos para limpeza exterior ou outros obxectos que poidan danala.

Cando as portas sexan de aceiro inoxidable:

Todos os anos se limpará o po e residuos de polución, empregando auga con deterxentes non clorados, utilizando

esponxas, trapos ou cepillos suaves; cando existan manchas, utilizarase o mesmo sistema con deterxente que

poderá conter amoníaco, posteriormente enxugarase con auga abundante.

4.3.19 P24C VIDRARÍA. PORTAS DE VIDRO MORNO

DESCRICIÓN

Cerramentos de ocos de paso, realizados con portas de follas de vidro morno.

COMPOÑENTES

Follas transparentes, translúcidas, reflectantes ou de calquera outro tipo de vidro morno con cantos pulidos planos

ou redondeados.

Ferraxes e mecanismos de freo e retención.

EXECUCIÓN

Condicións Técnicas:

Follas de vidro morno:

SERVIZO DE URBANISMO DO CONCELLO DE TOMIÑO 122

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!