15.05.2013 Views

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

CASA CULTURA SEIXO_PREGO CONDICIONS.pdf - proxecto

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PROXECTO DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA CASA DE CULTURA DE O SEIXO. CONCELLO DE TOMIÑO

PREGO DE CONDICIÓNS

1º. Estadas en xeral (Artigos 196 a 211).

2º. Condicións especiais para distintos tipos de estadas (Artigos 212 a 245).

Normas Tecnolóxicas (RPE, RPG...) (*)

Prego de Condicións Técnicas da Dirección Xeral de Arquitectura.

Outras normas contidas, se é o caso, en Ordenanzas Municipais ou Regulamentos internos de empresa que poidan

ser de aplicación.

(*) Normativa recomendada.

CONTROL

Control da recepción de materiais de orixe industrial:

Os materiais e compoñentes de orixe industrial deberán cumprir as condicións de calidade e funcionalidade así

como de fabricación e control industrial sinaladas na normativa vixente que, en cada caso, lles sexa de aplicación.

Cando o material ou equipo chegue a obra con Certificado de Orixe Industrial que acredite o cumprimento das

condicións, normas e disposicións anteriormente citadas, e mesmo outras que un selo de calidade lles esixa, a súa

recepción realizarase comprobando unicamente as súas características aparentes e a comprobación do selo nos

envases e albarás.

Control da execución:

Control de tendidos e gornecidos:

Nos tendidos e gornecidos de xeso realizaranse controis acerca das condicións previas á execución, a pasta de xeso

empregada, a execución de mestras, o repaso con xeso tamizado nos tendidos, a planidade do revestimento e a

interrupción deste nas xuntas estruturais, levándose un control cada 100 m² de superficie ou fracción.

Os parámetros de rexeitamento automático serán:

Non rematou a cuberta ou non existen tres forxados por enriba do local a revestir.

Non están rematados os muros exteriores, non se recibiron os cercos de portas e ventás, a superficie non está

limpa e lixeiramente humedecida e/ou a temperatura da auga de amasado ou do local a revestir é inferior a 5º C.

Non se utiliza a pasta especificada e/ou engádese auga con posterioridade ao amasado.

A cantidade de auga de amasado, por cada 25 kg de xeso, non se acha entre 17 e 18 litros.

Non se realizaron mestras en cantos, gornicións de ocos, perímetro de teitos e nas esquinas, ou estas non levan

guardavivos.

As mestras dun mesmo pano están separadas máis de 3 metros, as súas caras vistas non están nun mesmo plano

vertical ou horizontal e/ou o plano que definen está separado da parede menos de 10 mm. ou máis de 20 mm.

Existen variacións de planidade superiores a 3 mm. medida con regra de 1 metro e/ou superiores a 15 mm. en toda

a lonxitude ou altura do pano.

Detéctanse coqueras e/ou non se repasou o tendido con xeso tamizado.

Non se interrompe o tendido nas xuntas estruturais e/ou a nivel do pavimento ou rodapé rematado.

Control de recebos:

Controlaranse as condicións previas ao recebo, a pasta de xeso empregada, o seu espesor, a planidade e a

interrupción deste nas xuntas estruturais, levándose un control por cada 100 m² ou fracción.

Os parámetros de rexeitamento automático serán:

A superficie a enlucir non está limpa e/ou raiada cando se trata dunha base gornecida e/ou a temperatura da auga

de amasado ou do local é inferior a 5ºC.

Non se utiliza a pasta especificada e/ou engádese auga con posterioridade ao seu amasado.

A cantidade de auga de amasado, por cada 25 kg de xeso, non se acha entre 19,5 e 20,5 litros.

SERVIZO DE URBANISMO DO CONCELLO DE TOMIÑO 106

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!