09.06.2013 Views

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

16

Virxe chegou nunha barca de pedra para animar o apóstolo

Santiago a continuar coa súa predicación. Neste

grande adro de pedra natural que mira ao mar, poderedes

tocar os vestixios sagrados desta aparición: a Pedra

dos cadrís, que se identifica coa barca; a Pedra de abalar,

que simboliza a vela e a Pedra do leme. Todas elas

pedras máxicas da milenaria embarcación ás que se lles

atribúen propiedades curativas e divinatorias.

Muros e Noia

O patrimonio oculto das terras que bordean a ría de

Muros e Noia vai proporcionarnos moitas sorpresas:

castros rodeados polo mar, lousas que falan, cruceiros,

muíños e moita da nosa historia impresa en pedra.

Imos visitala desde Porto do Son ata o impotente Monte

Louro, en Muros. No Porto do Son, está o asentamento

do castro de Baroña. Protexido por rochas, o mar e

dúas murallas de cachotería, o castro conseguiu conservar

o perfil de 20 vivendas de planta circular ou oval

do seu interior, entre as que aínda podemos pasear.

Continuando pola liña da costa, chegamos a Noia, co-

ñecida pola Pequena Compostela, para escoitar de

preto as lápidas que nos falan. Para esta revelación, é

preciso acceder á igrexa de Santa María a Nova. Este

cemiterio, onde se conserva unha gran colección de

laudas sepulcrais, foi construído con terra traída desde

Terra Santa en galeóns noieses, segundo narra a lenda.

No seu interior, hai que contemplar detidamente o impresionante

rosetón e a súa capela plateresca co altar

de estilo barroco. O templo dispón dun depósito de laudas

gremiais que flanquean os seus muros. Entre as

máis de duascentas lápidas, poderá observarse as impresións

a pico e maza dun canteiro, as tesoiras dun

xastre, o coitelo dun carniceiro, pasando pola áncora

característica dos mariñeiros ou as figuras antropoides

dos fidalgos.

Non se pode deixar esta fermosa vila sen visitar o seu

centro histórico, con encantadoras prazas e soportais

dignos de calquera vila medieval. Precisamente, cada

ano, no mes de xullo, celébrase a Feira Medieval.

Camiño de Lousame, veremos o cruceiro do descravo

de Berrimes, e visitaremos o mosteiro de San Xusto de

Lápidas da igrexa de Santa María

a Nova, Noia.

Abril-Xullo

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!