09.06.2013 Views

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Pilucha de María de Adolfo,

Soutelo de Montes, 1959-60.

© Virxilio Vieitez, VEGAP, A Coruña, 2013.

28

Virxilio Vieitez, nas verzas

En Galicia, usamos con moita frecuencia a expresión estar nas verzas, que vén signifi-

car estar pasmado, nos biosbardos. Así estaba Virxilio Viéitez, ao que coñecín na Fo-

tobienal de Vigo grazas a Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal en 1998. Alí non

falaba moito, era espectador da súa propia obra, estaba pasmando, nas súas verzas;

vendo aquelas fotos, sentía unha emoción intensa; artista por instinto, inventou unha

gramática propia para escribir un relato. El sabe o que busca porque coñece moi ben

o que mira. Fotógrafo certeiro, marcaba a súa pegada en cada disparo, era audaz e intuitivo.

Lembro as súas mans: eran longas e finas, de pianista. Tiña swing. «Era un fotógrafo

de xeitos suaves e porte elegante. Amable e sedutor», di Keta. «Gañaba rapidamente

a confianza das persoas, sobre todo das mulleres pouco afeitas a trataren neses tempos

con fotógrafos así». Un dandi rural.

Naturalidade e sinxeleza para resolver as dificultades, moi rápido ao situar os seus modelos,

gustáballe o aire libre facendo da necesidade virtude. Representa aquilo que

dicía Oscar Wilde «o mellor xeito de distinguirse é coa máis absoluta simplicidade».

Virxilio, como Borges, interpretou que debuxar o mundo, en realidade, é debuxar o

propio rostro. Cando o mundo comezou a interesarse por el, a Virxilio xa non lle interesaba

o mundo. Na súa mirada vivía a melancolía, a morriña, ese estado tan particular

no que un bota en falta o de alá cando está acá e o de acá cando está alá. En fin,

nas verzas».

VARI CARAMÉS

Pilar, Maribel e Lola, San Martiño de Figueroa, 1960.

© Virxilio Vieitez, VEGAP, A Coruña, 2013.

O fotógrafo Vari Caramés. Foto: Espacio Fundación Telefónica.

Abril-Xullo

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!